Lunes, 08 de Marzo de 2021

Otras localidades

HOY POR HOY | 8-M HOY POR HOY | 8-M Sigue el programa especial de Àngels Barceló desde el Hospital Gregorio Marañón en homenaje a todas las sanitarias

Azul de Bueu no Set de Unplugged de Radio Pontevedra

Protagonizado por experimentados músicos do tradicional e o jazz, interpretan temas extraídos da tradición galega en clave jazzística.

Azul de Bueu é un proxecto musical interpretado por cinco músicos de recoñecido renome da escea galega da música tradicional e o jazz onde os temas tradicionais son tratados dun xeito moi semellante ao que os músicos de jazz trataron os standards de Brodway durante os tres primeiros cuartos do século XX.

Unha das manifestacións máis prolixas da música de tradición oral en Galicia é a música vogal. Esta interpretábase para acompañar todos os momentos da vida cotiá galega e, case sempre, acompañada de instrumentos ou artefactos que proporcionaban ritmos fechados e abertos cargados de emotividade, todos eles encamiñados a axudar a manter o ritmo vital que as tarefas cotiás requirían.

A improvisación non é allea á galega aparece maioritariamente nos melismas e ornamentos e na lixeira variación melódica. Onde si podemos falar dunha auténtica arte improvisatoria é nos bailes soltos onde existen verdadeiros códigos que fan posible a improvisación con formas sofisticadas. Na actualidade, en Europa, hai toda unha corrente de fusión da música vernácula con jazz, música moderna e outras músicas improvisadas. En Galicia, tamén se están facendo cousas moi interesantes a este respecto e Azul de Bueu quere aportar o seu gran de area nesta interesante corrente.

Os puntais do proxecto son:

As melodías e as escalas vencelladas á tradición, as cales lanzaremos empregando a voz e o ritmo tal como se facía na tradición galega. A técnica vogal empregada aglutina a tradición oral galega e peninsular máis o xeito natural de colocar a voz e os acentos dos cantantes de jazz e blues do século XX. A improvisación e a flexibilidade formal están presentes nas interpretacións.

As modernas harmonías creadas por Wilfired Wilde para alfaiar as melodías e ritmos seleccionados están inspiradas nos modos e no sistema musical galego buscando un equilibrio entre a rica linguaxe harmónica do jazz e o minimalismo e a sobriedade da tradición galega onde as harmonías ou heterofonías que se empregaban eran moi comedidas. O emprego da guitarra para lanzar estas harmonías e a inclusión da sección rítmica responde á un desexo de enriquecemento e renovación das tradicionais seccións rítmicas que eran empregadas na música galega

A presenza do saxofón como instrumento solista responde a esa especial predilección galega polos instrumentos de vento onde a riqueza na articulación e na ornamentación é primordial. Tamén se empregará o acordeón como base harmónica e instrumento de cor.

A pesar deste compoñente libre e innovador en Azul de Bueu non perdemos de vista o compoñente utilitario destas cancións, é dicir, que as muiñeiras e as xotas sexan bailables, que os cantos abertos sexan melodicamente intelixibles e emocionantes e que haxa retrousos cantables. Todo elo para dosificar a innovación e facela chegar a un público o máis amplo posible.

Os temas musicais escollidos están extraídos de cancioneiros na súa maioría, outros son produto da recolleita de modernos etnomusicógrafos.

En definitiva, Azul de Bueu é un proxecto de fusión onde se afonda no repertorio máis antigo e tradicional galego para introducilo no universo do jazz e a música moderna, sempre dende o respecto á tradición e o afán innovador.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?