Ocio
CONCELLO DE OURENSE

A carreira de San Martiño 2018 abre o prazo de inscrición

A proba terá lugar o 18 de novembro

Grupo de corredores del Ourense y Veteranos / Club Ourense Atletismo

Ourense

A carreira pedestre popular San Martiño 2018 bota a andar coa apertura do prazo de inscrición para aquelas persoas que desexen participar na próxima edición que terá lugar o día 18 de novembro. A emblemática proba ourensán chegará á súa edición número 42 no presente ano 2018, tomando a saída na súa categoría absoluta ás 11horas na Ponte do Milenio para percorrer unha ruta pola cidade de 10 quilómetros que rematará no Pavillón dos Remedios. A carreira, organizada polo Consello Municipal de Deportes, está no calendario oficial de probas en ruta da Federación Galega de Atletismo.

As persoas interesadas poden inscribirse desde hoxe ate o día 11 de novembro. O prezo será 5 euros para quen o faga antes do día 28 de outubro e 7 euros para quen o faga desde o día 29 de outubro ao 11 de novembro. As inscricións pódense realizar a través da páxina web do Consello Municipal de Deportes www.deportesourense.com e a web www.championchipnorte.com. O prazo de inscrición para optar á recollida anticipada de dorsal-chip e camiseta é ata o 3 de novembro de 2018

Como principal novidade desta edición número 42 está a incorporación dunha carreira, a Carreira Inclusiva, cunha distancia de 1.400 metros, para nenos e nenas de categoría benxamín (que naceran nos anos 2012 e posteriores), e persoas con diversidade funcional, que poderán ser acompañadas doutra persoa responsable. As restantes probas serán nas categorías de persoas adultas, escolares (que naceran entre 2007 e 2002, percorrendo 4,7 km) e cativos/as (entre 2008 e 2011), que percorrerán 1,4 km)

A recollida de dorsais-chips e camisetas será o venres 16 de novembro de 16h a 20h e o sábado día 17 de 10h a 14h e de 16h a 20:00h no Recinto Feiral de Expourense, onde se celebrará a feira Sportur (Salón do Deporte e Turismo Activo). Se a inscrición se realiza como grupo, a recollida de dorsais-chips e camisetas será do mesmo xeito, nunca de maneira individual. Non se entregarán dorsais o día da carreira.

 

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00