Últimas noticias Hemeroteca

"Estamos motivados, sea cual sea el rival", Luis Ruíz

Trala lesión de Kravets, o albivermello ocupará o lateral zurdo alo menos nos próximos dous partidos

Luis Ruíz en rolda de prensa /

Collendo o ritmo e os "mecanismos" de Monteagudo. Así asegura estar Luis Ruíz,  xogador do CD Lugo, ante a chegada do novo estilo de xogo. "Vamos poco a poco asimilando las ideas y las premisas que el míster propone. Lo estamos cogiendo rápido y creo que cuando lo tengamos se verán los resultados", reflexiona. Poucos minutos puido gozar esta tempada o lateral esquerdo, pero a recente lesión de Kravets permitiralle demostrar sobre o céspede que quere facerse un oco nas convocatorias. "No he jugado muchos minutos, pero las sensaciones son buenas y voy a seguir trabajando para poder jugar". O ucraniano tardará entre sete e dez días en recuperarse do tirón lumbar que sufríu mentres adestraba cá selección absoluta.

O técnico manchego, di o xogador, pídelles ideas diferentes ás que até o de agora se lles esixía. "Estamos más cómodos presionando arriba, llegamos más que antes, pero es verdad que nos está faltando una pizca de suerte en determinados momentos. Estoy seguro de que el gol va a llegar y ojalá sea el domingo". Na décimo cuarta xornada de Liga, os lucenses mediranse co Albacete, a que foi a casa de Monteagudo durante moitos anos e onde comezou a súa andaina polo mundo do fútbol. "El míster está muy motivado, pero motivados vamos a todos los partidos. Sea cual sea el rival. La segunda está complicada y tenemos que ir a por los tres puntos".


O CD Lugo viaxa cara a Albacete con baixas importantes coma as de Pita e Aburjania. O capitán víu o seu quinto cartón amarelo no encontro fronte ó Alcorcón e así, o máximo goleador da familia albivermella, deberá quedar na casa. O problema de atopar compañeiro no mediocentro con Seoane agudízase ó estaren Aburjania convocado cá seleccion absoluta de Georgia.


 


Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?