Últimas noticias Hemeroteca

"Vuelvo a casa y es muy ilusionante, pero vamos a por los tres puntos", Monteagudo

O técnico manchego confía en que co novo plantexamento o CD Lugo pronto comezará a sumar puntos

Alberto Monteagudo en rolda de prensa /

O CD Lugo fai as maletas para poñer rumbo a Albacete. A décimo cuarta xornada da Liga 1,2,3 preséntase para a familia albivermella igual de ilusionante que de importante. Ilusionante porque Monteagudo visita  á que foi a súa casa durante anos, na que debutou na Primeira División e onde comezou a súa andaina polo mundo do fútbol, e importante porque non sumar no Carlos Belmonte podería facer que o equipo caera en zona de perigo.

O míster amósase positivo ca nova cara do equipo e cre que pouco tardará en chegar o gol. "Las sensaciones son buenas y es cierto que aún no hemos tenido premio, asÍ que nos toca mejorar, evitar errores y buscar el gol", analiza. Do Albacete, rival que coñece ben, destaca a forza e perigo dos seus dianteiros.  Para facer fronte ó seu xogo, "hay que evitar que toquen el balón y los centros. Tienen un gran potencial ofensivo".

O capitán, e polo de agora máximo goleador da familia albivermella, Carlos Pita queda na casa. O mediocentro víu o quinto cartón amarelo no encontro contra o Alcorcón. A súa posición poderían ocupala Aburjania o Sergio Gil, pero ningún dos dous están dispoñibles para Monteagudo. Aburjania está concentrados ca selección xeorxiana e Sergio Gil está recuperándose da lesión. Que opción queda? O máis probable apunta a que Azeez volverá ser a parella de Seoane no centro do campo, como foi habitual con Francisco. "Claro que Carlos Pita es un jugador con jerarquía, pero tenemos jugadores para armar un equipo competitivo”.


É a segunda vez que ambos equipos se cruzan nesta tempada.
A primeira foi en Copa, partido no que o CD Lugo impedíu avanzar na competición ós manchegos. O míster recoñece ter repasado o partido e, malia ser xogadores e circuntancias diferentes, ten estudadas as fortalezas e as feblezas de cada conxunto. "Tenemos que ser nosotros, aprovechar nuestras llegadas. Hemos de imponernos en la manera y el lugar. Ya ganamos en Copa, por qué no repetir".

 

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?