Deportes
CD Lugo

Mazazo no Anxo Carro

Os albivermellos durmen a dous puntos do descenso tras caer por 0-3 ante o Albacete Balompié

Lazo no encontro ante o Albacete Balompié / CD LUGO

Lugo

O que mal empeza, mal acaba. E se non que llo digan ó CD Lugo. Os de Ramis souberon rendabilizar as súas oportunidades a medida que o equipo amurallado iba perdendo folgos. Os goles de Gerard Valentín, en propia porta, Febas e Tejero regaláronlle ó Albacete Balompié a  súa primeira victoria no Anxo Carro.

Tras unha boa xeira de sensacións, 3626 afeccionados albivermellos baixaban ó estadio lucense dispostos a ver coma o equipo amurallado daba continuidade ós bos resultados colleitados nas derradeiras xornadas. Pero non puido ser. Sumar máis tres na trixésimo primiera xornada da Liga 1,2,3 era o obxectivo co que ambos conxuntos partían dende que o colexiado pitaba o inicio do encontro. Iso si, con metas ben diferentes: Os manchegos sumar na loita polo ascenso e o CD Lugo manter distancias co descenso.

Os protagonistas pelexábanse por facerse co control do balón. O CD Lugo apretaba, Lazo avisaba das súas intencións en repetidas ocasións, a máis clara a que bate na cruceta da portería de Tomeu. Con todo, e cando parecía que o equipo local amenazaba, nun lío dentro da área, tra-la falta botada por Eugeni Valderrama, Gerard Valentín pilla o rechace de Juan Carlos en carreira e empuxa o balón até o fondo da rede. Coma un xarrón de augra fría cae este primeiro tanto regalado ó rival, pero os de Monteagudo non baixaron os brazos e antes de que se chegara o final da primeira metade, encerraron o Albacete no seu campo, tendo opción de facelo empate. 

No regreso ó verde, cando máis buscaba e merecía o equipo amurallado o empate, un moi atinado Febas disparaba e colaba o coiro pola escuadra. Foi a partires deste segundo tanto cando o Lugo quedou KO. "El fútbol es así de duro. Si en vez del 0-2 marcamos nosotros el empate seguramente podríamos haber ganado", explicaba Alberto Monteagudo en rolda de prensa.

Malia que o técnico manchego quixo refrescalo partido intriducindo a Campillo e Iriome no lugar de G.Valentín e Juan Muñíz, o certo é que o 0-2 matou o encontro. Pola súa banda, lonxe de perdonar ningunha ocasión, Tejero ampliou máis a renda visitante facendo o terceiro tanto a dez minutos do final.

Indignación entre nas gradas

Decenas de afeccionados abandonaban o estadio antes de que se chegara o final do partido e boa parte dos ali presentes pitaron ó presidente ó berro de : "¡Tino vete ya!". Agora, o Albacete soña cun feito histórico mentres que no CD Lugo o descenso cobra cada vez máis protagonismo. Por iso, o capitán, Carlos Pita, pide unión e resposabilidade o plantel: "Non precisamos pesimismo, necesitamos realidade. Toca traballar xuntos, o que non queira facelo que non incordie e deixe que tiremos quenes estemos comprometidos. Non quero apuntar a ninguén, é unha valoración xeral", sentenciaba.

Para a vindeira xornada o CD Lugo viaxará cara a Madrid para cruzarse co Alcorcón.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00