Últimas noticias Hemeroteca

Martes, 15 de Octubre de 2019

Otras localidades

Roberto Fernández: "Para un neno o importante ten que ser superarse día tras días e non pensar na Primeira División"

O adestrador de porteiros do CD Lugo será o encargado de dirixir o terceiro clinic da entidade

Todo final ten un comezo. Tras 401 partidos coas luvas postas, Roberto Fernández é o novo protagonista de Coñecendo a... O equipo do Ser Deportivos desprázase ata Chantada para descubrir as historias que se agochan tra-lo Sangoñedo que viu medrar ó gardameta. "Recuerdo que este campo que ahora es verde antes era tierra, más barro que tierra. Apagaban las luces y Roberto seguía aquí entrenando".

Definese coma un rapaz do pobo que nunca pensaba en escalar posicións dentro do fútbol profesional. O reto que se prantexaba cada vez que chegaba adestrar o Sangoñedo era  superarse a si mesmo. Día tras día. "Cuando me llaman para ir a hacer las pruebas del Celta yo me lo tomo como un reto personal, una experiencia, disfrutrarla y pasarlo bien. A los niños hay que decirles que lo importante es que mañana sean mejores que los yo de hoy. Si el objetivo es llegar a Primera División se está cometiendo un error". Esta filosoía é a que a  súa traxectoria lle ensinou e é a que pretende difundir entre os seus pupilos.

O chantadino será o responsable do terceiro clinic de porterios que organiza a entidade albivermella. Un total de 55 nenos e nenas estarán as ordes de toda unha figura de referencia dentro do deporte galego.

Queres saber máis da historia de Roberto Fernández? Dalle ó play!

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?