Deportes
CD Lugo

Unha vitoria coma agasallo ás nais albivermellas

O corazón amurallado segue latexando na División de Prata tras vencer ó Almería (4-2)

O equipo celebra o gol de Valentín / La Liga

Lugo

Polo civil ou polo criminal, pero había que gañar. O CD Lugo reencontrase ca vitoria na casa case catro meses despois.  O 5 de maio estaba sinalado en vermello no calendario lucense, non por ser o día da nai, se non porque o encontro ante o Almería era vital. Tras uns intensos 90 minutos de partido, no marcador lucense lucía un imperioso 4-2. Un resultado que lle permite coller folgos ós de Eloy Jiménez e que afasta da promoción de ascenso ós andaluces.

Comezaba a rodar o balón no Anxo Carro cun CD Lugo que mordía. Sabía que queria e sabía que presisaba: Gañar. Con verticalidade e velocidade os pupilos de Jiménez amosaban as súas intencións. Arroupados por máis de 4.500 afecionados, o equipo da cidade amurallada apretaba e buscáballe ás cóxegas ó cadro visitante. Así, no minuto 20 de partido, Gerard Valentín foi o encargado de poñer fin o tanteo entre os dous conxuntos  e colocar o 1-0 no electrónico, tras un excelente asistencia de Lazo. 

O Almería non baixaba os brazos e grazas a un moi atinado Juan Carlos evitáronse varios esféricos que podían ter entrado. O CD lugo agasallaba o gol do empate por un erro de Campabadal. Tras golpear co peito o coiro cara á Juan Carlos, Álvaro Giménez aproveutou o rechace do gardameta lucense e sumaba o primeiro tanto para os de Fran Fernández.

Rápidamente reaccionaban os locais. Noutro erro da defensa almeriense, Manu Barreiro non desaproveitou a ocasión e acompañou ó balón ó fondo da rede. Deste xeito, os albivermellos marchaban por diante no marcador ó descanso.

Na reanudación do partido, pouco houbo que agardar para que os lucenses abriran a brecha no luminoso. Dichoso o destino, no minuto 7 da segunda metade de xogo, co 7 nas súas costas, Cristian Herrera marcaba de cabeza o terceiro para o CD Lugo.  Rápidamente respostaba o Almería cun tanto do ex-albivermello Caballero, que non festexaba o tanto anotado. Con 3-2 no marcador, o conxunto local non facía outra cousa que pelexar por asegurar o máis tres na casa. 

Foi no minuto 82 cando un moi atinado Lazo, en carreira, pegada un zurdazo dende a frontal da área para sentencialo encontro e agasallar a tódalas nais albivermellas un máis que valioso triunfo na casa.

Con 4-2 asinado no Anxo Carro, o adestrador lucense, Eloy Jiménez recoñecía: "Hay errores defensivos que ajustar, pero hoy es día de felicitar a mi equipo por el trbajao realizado. Y creo que con su actuación quedan refrendadas mis palabras de esta semana: Mi equipo se va a dejar la piel por la permanencia".


 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00