Deportes
CD Lugo

Sangue suor e lágrimas, pero a permanencia máis preto

O derbi queda no Anxo Carro tras un partido de infarto que se salda cun 1-0 no electrónico

O CD Lugo na celebración do gol / CD LUGO

Lugo

Isto é Lugo, aquí hai que sachar. E ós herculinos quedoulles ben claro. Tras case sesenta minutos de intenso partido, de transicións e de visitas de ida e volta á área contraria José Carlos Lazo sentenciou o derbi.

Galicia non vivía un derbi na División de Prata dende había catro anos. Porén, o que debera ser un encontro do que gozar, a posición na que chegaban cada un dos conxuntos o céspede albivermello tinguía de tensión a data. Ó CD Lugo precisaba esta victoria coma auga de maio se queria rendabilizar as derrotas do Tenerife e Rayo Majadahonda, e así afastarse do descenso. Pola súa banda, os de Martí chegaban a cidade romana sabendo que das beiras do Miño partía, practicmanete, o seu derradeiro tren cara ós play off.

Dende que o reloxo comezaba a correr, ambos equipos facían gala das súas intencións. Intensidade de xogo, perigo para ambos conxuntos, o Deportivo buscaba o gol e o Lugo sorprender á contra. Os de Martí non conseguían materializar as súas ocasións e os nervios levábanlles a tomar decisións precipitadas coma as accións de Fede Cartabia e Nahuel. Aproveitando a fraxilidade das bandas, os locais amosaban claras señas de perigo, amenazaba Herrera en dúas claras ocasións que se esfumaban polas intervencións de Dani Giménez.

Marchaban os protagonistas para o túnel de vestiario co 0-0 no electrónico, e lonxe de ver un gran xiro sobre o céspede, o guión seguía a ser o mesmo. Pasada a metade destes segundos corenta e cinco minutos, valga a redundancia, José Carlos Lazo empaquetaba e colocáballe o lazo albivermello ó derbi. Tras un taconazo cara atrás do número sete, o sanluqueño recibía e disparaba sen piedade para mandar o esferico ó fondo da rede. 

Recuperaba forzas o cadro visitante, pero o Lugo tiraba de corazón. As pernas case nin respostaban, dende as gradas víase a un José Carlos esgotado,tirado sobre o céspede, un Iriome que reflectía sufrimento na súa mirada... Pero cando non hai forzas, e as pernas non dan para máis, o sentir dunha cidade que ruxe pola permanencia é suficiente para sellar un derbi que sabe a gloria.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00