Economia y negocios
Ponteceso

Más de 1.000 kilos en la Festa do Percebe do Roncudo

Percebeiros preparan el producto para la fiesta / Radio Nordés

Ponteceso

A 27ª edición da Festa do Percebe do Roncudo, en Corme (Ponteceso), ofrece uns 1.000 quilos do produto estrela da festa este sábado, 6 de xullo, a partir das doce do mediodía. A carpa da organización venderá tickets a partir desa hora para unhas 2.500 racións de percebes con cachelos, a 20 euros cada unha. A maiores, os restaurantes do pobo completan a oferta de percebes na xornada de festa.

A veda na zona do Roncudo abriuse por primeira vez desde a pasada campaña de Nadal o pasado mércores para tres intensas xornadas de traballo favorecidas por un mar tranquilo. A calidade do produto este ano é moi boa, segundo destacou o presidente da confraría de Corme, tamén percebeiro, Roberto Vidal.

Os 30 percebeiros da agrupación local, incluídas seis mulleres, elixiron este ano como pregoeiros ao equipo do helicóptero de Salvamento Marítimo. Para eles, do mesmo xeito que para o resto de mariñeiros e xentes do mar, o helicóptero de rescate é o seu anxo da garda particular e, por iso, quixeron renderlles homenaxe.

O concello espera unha asistencia de máis de 5.000 persoas, a xulgar pola experiencia de anos pasados. Por iso, habilitou unha zona de aparcamento á entrada do pobo e un servizo de autobús facilitará o acceso á zona do porto, onde está o meollo da celebración. Ademais, un punto morado velará por unhas festas sen agresións sexuais nin abusos. Segundo destacou o alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, esta é unha festa tanto para os amantes da gastronomía como para a mocidade que busca diversión con música e outros entretementos, como a tirolesa instalada no porto.

A Festa do Percebe, declarada de interese turístico de Galicia fai cinco anos, aspira a obter agora o selo de interese turístico nacional.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00