Economia y negocios
Ferroatlantica

Os alcaldes da bisbarra esixen á Xunta que garanta a viabilidade de Ferroatlántica

CIG

Os concellos da Costa da Morte seguen tendo claro que na coperación reside o gran poder que teñen para loitar contra a venda das centrais de Ferroatlántica e tras o informe xurídico de Carlos Aymerich presentado o pasado martes, nove alcaldes da zona reuníronse en Cee para estudiar o asunto. Foron os alcaldes/as de Corcubión (Lalo Insua), Fisterra (José Marcote), Carnota (Juan Manuel Saborido), Cee (Margarita Lamela), Dumbría (José Manuel Pequeño), Zas (Lolo Muiño), Camariñas (Sandra Insua), Vimianzo (Mónica Rodríguez) e Muxía (Iago Toba).

 Na reunión recalcaron os puntos mais importantes do informe. Así acordaron esixirlle a Xunta que garantice a viabilidade e a legalidade da suposta venda ademais de que confirme de unha vez por todas se ten o poder de aprobala ou non.

A alcaldesa de Cee, anfitriona da reunión atendeunos para falar do tema: "A Xunta de Galicia impuxo no seu día a Ferroatlántica a un control sobre as concesións das centrais hidroeléctricas do Xallas e polo tanto e a propia Xunta a que debe exercer dito control", comentou. E tamén quixo referirse a esa petición que lle fan ao goberno autonómico, "Augas de Galicia ten que pronunciarse sobre se o negocio xurídico que pretende realizar Ferroatlántica está suxeito a autorización previa dese organismo".

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00