Últimas noticias Hemeroteca

Lunes, 21 de Octubre de 2019

Otras localidades

A Laracha licita cinco proxectos de mellora da eficiencia enerxética por 1,2 millóns de euros

Luz, bombilla / ()

A mellora na eficiencia enerxética está a ser un dos temas que máis preocupan aos gobernos da bisbarra nestes últimos meses. Corcubión ou Carballo foron algúns dos concellos que xa aprobaron proxectos en 2019 e agora sumase A Laracha a esa lista. Os beneficios son sobre todo dous. Un máis relacionado co medioambiente e esa defensa contra o cambio climático pola reducción de emisións de carbono a atmosfera que supón a reforma e o outro mais relacionado co saneamento económico das arcas municipais.

Por eses dous importantes motivos Laracha ven de aprobar hasta cinco proxectos referidos a mellora da eficiencia enerxética, centrados en cambiar o aluamento con luces Led, ademais de cambiar tamen distintas instalacións do concello. Para iso van a destinar 1,2 millóns de euros, dos que o goberno comandado por Jose Manuel López Varela vai a aportar o 20 por cento (250.000 €). O resto será competencia do IDAE (Instituto de diversificación e aforro de enerxía).

O alcalde sinalou que é un proxecto que se ven estudando dende tempo atrás e que irá adicado a totalidade do terreno municipal, tanto ó urbano como ao rural. Tamén a algúns edificios como o pavillón, que mellorará a súa instalación luminosa. López Varela quixo desvelar que as obras poranse en marcha a finais de ano.

 

 

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?