Últimas noticias Hemeroteca

Viernes, 18 de Octubre de 2019

Otras localidades

Así sabía unha vitoria

O CD Lugo convirte en puntos as boas sensacións colleitadas esta tempada ante o Fuenlabrada (2-0)

O CD Lugo festexa o segundo tanto /

Din que o bo se fai agardar.  Nada menos que oito xornadas ás que houbo que agardar por un novo +3 albivermello. Dende o derbi ante o RC Deportivo da Coruña, Eloy Jiménez non convertía as boas sensacións en vitorias. Pero acabouse a sequía. A puntería de Gerard Valentín e C. Herrera devólvenlle ó equipo os folgos que merecen.

Tarde calusorsa para recibir ó equipo revelación da tempada. O Fuenlabrada aterraba en Lugo co título de invatibilidade. O recén ascendido non iba poñer as cousas fáciles ante un rival que todavía non sabía o que era sumar de tres nesta Liga Smart Bank. Arrincaba o encontro cos visitantes avisando das súas intencións cunha intensa entrada a G.Valentín, pero pronto souberon reaccionar os locais. Os de Eloy Jiménez non querían bromas: Gañar ou gañar, sen Tete Morente na convocatoria e Pita, de novo, no centro da zaga, corrían os primeiros minutos no reloxo.

No minuto dez desta primeira parte houbo que parar cinco minutos o encontro pola lesión do colexiado Ais Reig. Sen dúbida a anécdota do partido, pois por mor dun problema no sóleo, o cuatro ábitro, Sergiu Claudiu Muresan, fíxose cargo de impartir xustiza. 

O CD Lugo buscaba e atopaba o seu anhelado premio grazas á pausa e o mimo ó balón. A boa sintonía entre Álex López e Herrera deixaba para  Campabadal a asistecia do primeiro tanto para os loitadores amurallados. O lateral dereito deixáballa a Gerdad Valentín que, entre tumbos, empurraba o coiro ó fondo da malla.

O Fuenlabrada non reaccionaba e os plans non saían como tiñan pensado. Pérdidas de balón e ocos na defensa que os locais souberon rendabilizar. Tanto que antes de chegar ó descanso ós albivermellos quixeron dar una paso máis para pechalo encontro. Herrera empalaba un centro que Biel nin cheiraba para colocar o 2-0 e facerse co título de copichichi da División de Prata. 

A segunda parte continuou sen sorpresas sobre o verde. O Fuenlabrada saía disposto  a remontar, tiveron o gol en botas de  Clavería, Hugo Fraile, Anderson ou Nteka. Pero, amigos, isto é Lugo e aquí hai que sachar! Co 2-0 coma guinda do pastel da xornada cinco, o equipo amurallado queda na décimo cuarta pocisión da táboa.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?