Nordés Hora 14Nordés Hora 14
Actualidad
Coristanco

O éxito da XXXIX Festa da Pataca achega a declaración de interese turístico

concello de Coristanco

A tradición estivo presente en Coristanco, onde se celebrou a XXXIX Festa da Pataca nun momento no que o concello está a traballar para que se lle conceda a distinción de festa de interese turístico. Por iso, a presencia da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, do director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, e do delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, parece ser un síntoma moi positivo de cara ao futuro máis inmediato desa petición do concello.

Mentres que os representantes autonómicos destacaron salientaron a relevancia deste evento festivo como elemento de promoción e de posta en valor do tubérculo galego, o alcalde, Juan Carlos García Pose mostrouse moi optimista sobre ese tema recalcando que: "a festa da pataca ten máis que merecida esa distinción, pero a ninguen se lle ocurreu pedila antes".

Pese a contar con argumentos de abondo nos trinta e nove anos de existencia, seguro que os o gran éxito desta nova edición significa un punto máis a favor de recibir ese premio de cara ao ano que vén.  As novas actividades acadaron o aprobado de todos os visitantes con especial mención á exposición fotográfica sobre a historia da pataca e da entrega da primeira pataca de ouro, que foi para Manuel Remuiñán, propulsor da celebración no 1980.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00