Deportes
CD Lugo

Unha tarde na que faltou "oficio"

O vestiario "jodido" tras deixar marchar dous puntos no Derbi dos Ancares

O primeiro tanto do CD lugo / CD LUGO

Lugo

A velas vir. Asi quedaron ós albivermellos trala reacción da Ponferradina que, en menos de dez minutos, igualaron o partido (2-2). O Derbi dos Ancares pecha a súa  reestrea na División de Prata coa balanza equilibrada e sen vencedor numérico, pero si moral.

O CD Lugo buscaba continuar a boa xeira encarrilada ante o Fuenlabra, pero a especular págase caro. Pese o control da Ponferradina durante os primeiros 45 minutos, o doblete dun moi atinado Manu Barreiro permitíalle ós de Heillín retirarse ó túnel de vestiarios por diante no marcador.

O primeiro tanto dos amurallados chegaba no minuto trinta de partido. O de compostela remataba dende o centro da área e o encontro ainda se lles puxo máis de cara. Na última xogada, un penalti a favor do Lugo facía que Barreiro colocase o segundo para os seus. 

Pero os lucenses non souberon aproveitala vantaxe. A Ponferradina reaccionaba e non baixaba os brazos pese o resultado do electrónico. Pola súa banda, ó Lugo non lle saían os plans. Faltaba fluidez e xogo co balón, o cansancio facía mella nos xogadores e os visitantes, en menos de dez minutos déronlle a volta ó conto. Con goles de Larrea e de Iriome en propia porta no 77 e 83 do partido, o CD Lugo vía como se escapaban os tres puntos sen poder evitalo.

Estivo a vitoria en botas de Carlos Castro que, nun rechace de Manu Garcia, na derradeira oportunidade do encontro, non foi quen de batelo gardamallas. " Como delantero se que estará dos o tres días dándole vueltas a la jugada, pero hay que olvidarse", dicía o míster no remate do encontro.

Tanto Manu Barreiro coma Peybernes, que debutaba coma albivermello, coindicidían: "El vestuario esta jodido", pero convencidos de que dos erros tamén se aprende e que en Zaragoza hai que ir a por todas " y sumar lo que hoy se nos ha escapado", dicia o de compostela.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00