Última hora

FRANCIA Detenido el hombre que amenazaba con inmolarse en el consulado de Irán en París

Nordés Hora 14Nordés Hora 14
Actualidad
Ferroatlantica

O BNG intentará crear unha comisión que investigue a venda de Ferroatlántica

BNG

A portavoz nacional, Ana Pontón, mantivo un encontro cunha representación do comité de empresa de Ferroatlántica despois da venda das centrais. Tras o encontro, a líder nacionalista anunciou que vai levar ao Parlamento unha dobre iniciativa.

A primeira, esixir á Xunta un plan de viabilidade que garanta o futuro de Ferroatlántica nunha comarca na que xera 400 empregos directos e na que, como remarca Pontón, existen "graves problemas económicos e demográficos”.

E, en segundo lugar, avanzou que o BNG vai trasladar ao resto dos grupos do Parlamento a creación dunha comisión de investigación que analice a compra-venda das plantas e a xestión levada a cabo por Villar Mir ao longo de case trinta anos.

Pola súa parte, desde o comité de empresa denunciaron a total falta de información por parte do Goberno galego tras a operación de compravenda, “non temos nin un só documento da Xunta”, salientan, ao tempo que lembran o compromiso de Feixóo de esixirlle a Ferroatlántica un plan de viabilidade e, nese sentido, avanzan que van seguir coas mobilizacións até conseguir garantías de futuro

O PsdeG tamén levará o tema ao Parlamento

Xaquín Fernández Leiceaga mantivo o pasado luns unha reunión cos distintos alcaldes socialistas da Costa da Morte e alí lles explicou a actuación que levarán a cabo no Parlamento. O voceiro socialista ten claro que a Xunta debe dar explicacións acerca da venda e garantir a viabilidade do novo proxecto empresarial. Destacan ademais a urxencia de actuación, polo que no próximo pleno de outubro o farán a través dunha pregunta ao goberno.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00