Nordés Hora 14Nordés Hora 14
Actualidad
A Laracha

Un ano despois da votación popular, estréanse máis de corenta topónimos

CONCELLO DE A LARACHA

Un ano despois de que os veciños e veciñas votaran a través da web do concello os nomes que querían para diversas rúas, travesías e prazas repartidas polos tres núcleos de poboación, esa renovación é xa oficial.

Foi unha lenta tramitación porque houbo que esperar a aprobación do INE e da Deputación da Coruña, pero agora xa está todo listo. Trátase dun cambio motivado por diversas causas que José Manuel López Varela, alcalde de A Laracha, explicou en Nordés H14:

"Algunhas rúas coincidían co nome de outros lugares do municipio, outras eran de nova creación e non tiñan, ademais, había varias travesías que levaban a mesma denominación e agora vaise denominar a cada tramo dun xeito concreto, e, en Caión, renombraronse dúas rúas para cumplir coa lei histórica".

Tódolos nomes que puideron votar os veciños e veciñas foron antes consensuados entre as distintas forzas políticas do concello. Así puxeronse dacordo en relacionar as designacións con algúns elementos recoñecibles do lugar, persoaxes importantes ou diversas iniciativas. Dende o goberno xa se están encargando de comunicarlle as modificacións aos veciños afectados.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00