Últimas noticias Hemeroteca

Lunes, 18 de Noviembre de 2019

Otras localidades

Reclaman un centro de atención temperá para nenas e nenos na zona de Fisterra

As familias con fillos con necesidades especiais da comarca de Fisterra veñen de unirse para reclamar un centro de atención temperá que evite as longas viaxes á Coruña ou Santiago. Actualmente, vense obrigados a desprazarse ata tres días á semana para que os seus fillos reciban a atención que precisan. Por este motivo, varias nais da zona acudiron hoxe aos estudios de #RadioNordés para pedir un centro de atención temperá próximo, accesible e gratuíto.

O servizo axudaría a mellorar a calidade de vida dos nenos e a conciliación familiar, favorecendo ao acceso a empregos que actualmente son incompatibles polo número de horas necesarias para acudir ás terapias.

O centro, deben solicitalo os concellos de forma agrupada ao ter menos de 10.000 habitantes. Pero o prazo este ano xa rematou, e mentras se volve abrir, as familias seguirán reunindose cos rexidores para conseguir o seu compromiso.

O vindeiro día 19 de outubro está convocada unha xornada informativa para familias no centro Impulso de Cee.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?