Últimas noticias Hemeroteca

Martes, 15 de Octubre de 2019

Otras localidades

A RFGF redobra a súa aposta polo fútbol feminino de canteira

A Real Federación Galega de Fútbol, aposta polo fútbol feminino de canteira coa posta en marcha da liga promesas e da nova liga infantil

A RFGF redobra a súa aposta polo fútbol feminino de canteira coa posta en marcha da liga promesas e da nova liga infantil /

Na liga Galega Feminina Promesas participán un total de 22 equipos ( 8 máis que no pasado exercio): 10 no Grupo Norte(arrinca a fin de semana do 25 e 26 de outubro) e 12 no Grupo Sur(ponse en marcha esta próxima semana).

É unha das novas apostas da Real Federación Galega de Fútbol de cara á presente campaña. A nova Liga Galega Infantil Feminina abrirá o pano a fin de semana do 19 e 20 de outubro en toda a comunidade galega. Na devandita competición participarán un total de dez quipos.

Nos últimos tempos a visibilidade do fútbol feminino alcanzou uns niveis de récord e reivindícase cada semana con noticias alentadoras sobre o seu crecemento en todos os ámbitos. Experimentou unha enorme progesión desde hai uns anos, xa que se multiplicaron os euipos e a afección.Así mesmo, o nivel técnico e táctico, non só das xogadoras senón do corpo técnico, sufriu unha gran evolución.

A entidade que preside Rafael Louzán fixo historia o curso pasado coa posta en marcha da Liga Galega Feminina Promesas, unha competición exclusivamente feminina que regresa esta próxima fin de semana.Pero non é nin será a única liga deseñada para elas, posto que este curso tamén se pon en marcha a nova Liga Galega Infantil Feminina.

O momento do fútbol feminino xa chegou. En Galicia, o número de licenzas de mulleres crece cada ano e continúa coa súa progresión sideral. Este interese polo fútbol feminino reflíctese nos equipos de base, que ven aumentar cada ano o número de nenos que queren xogar. A revolución que vén será feminina (tamén no fútbol).

A Real Federación Galega de Fútbol segue apostando con descanso polo balompé de canteira e redobrou esforzos para apresente campaña. Este ano, ademais, co patrocinio de Pizza Móvil.

 

O memento do fútbol feminino xa chegou.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?