Nordés Hora 14Nordés Hora 14
Actualidad
Laxe

A Deputación da Coruña premia ao Arquivo Vidal co Fotógrafo Histórico

Fotografía do Arquivo

O extenso Arquivo Vidal vén de ser recoñecido pola Deputación da Coruña nun acto no que estiveron presentes o vicepresidente, Xosé Regueira, e o responsable de cultura, Xurxo Couto.

Dende o ente provincial destacan que é un premio "que quere distinguir unhas coleccións que supoñen un legado histórico e que nos mostran como eran as nosas costumes e as nosas xentes noutros tempos". O arquivo de José Vidal García é unha das grandes xoias do Museo do Mar e tamén do Concello de Laxe dende que a súa familia entregara as reliquias ao consistorio municipal no ano 2008.

Incluso fai poucas semanas, era declarado Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia. Algo normal para Xosé Regueira que admitiu que se trata dun dos dous mellores arquivos de Galicia e para o que aínda augura moitos recoñecementos máis.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00