Últimas noticias Hemeroteca

Viernes, 06 de Diciembre de 2019

Otras localidades

O CD Lugo Genuine conta os días para o arrinque ligueiro

O conxunto máis entregado da entidade albivermella desputará esta fin de semana en Tarragona o inicio da #LigaGenuine

O CD Lugo Genuine posa en grupo /

Ainda que levemos tempo cas diferentes ligas na boca, o certo é que a competición  non comezou para todos. Ainda non.  Din que todo o bo se fai agardar e, precisamente, por iso os rapaces e as rapazas do CD Lugo Genuine ainda non debutaron na #LigaGenuineSantander. Farano esta fin de semana, entre o 15 e o 17 de novembro, en Tarragona.


Despois do magnífico resultado do ano pasado, o CD Lugo non dubidou en darlle continuidade ó proxecto do que "máis ogullosos nos sentimos", recoñecía Julián Castaño, coordinador do equipo nunha entrevista realizada no Ser Depotivos a comezo de tempada.

Con novas incorporacións, os albivermellos levan xa meses adestrando e preparando a conciencia esta nova aventura. "O verán pasounos factura a todos, pero estamos xa en plena forma e preparados para esta primiera fase", broma Jose Seoane, adestrador do CD Lugo Genuine.

A tempada pasada os albivermellos fixéronse con cinco de doce aprtidos depsutados ó longo da liga. Malia que o importante é gozar do deporte en grupo, da experiencia e amosar un correcto comportamento sobre o verde, este ano hai que pensar en bos resultados:"Sempre é un reto superarse a si mesmos, asi que este ano imos intentar acadalos".

Álvaro Fernández, dende Aspnais, entidade participante no proxecto, subliña a importancia deste tipo de rpeoxectos. Quere poñer en valor a importancia de que as persoas con diversidade funcional sexan capaces de alerse por si solos: "Viaxan a cargo dos seus monitores, mais van sen familares. Demostran como poden ser autónomos e poden dar un pasa cara á diante nesta materia".

Escoita a tertulia completa. Dalle ó play!

 

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?