Últimas noticias Hemeroteca

Jueves, 05 de Diciembre de 2019

Otras localidades

A Xunta inviste máis de 50.000 euros na mellora de dous aloxamentos turísticos

Ovidio Rodeiro visitou este luns o Hostal A Cruz en Muxía, que recibiu unha achega de máis de 25.000 euros para levar a cabo a reforma das súas habitacións. O delegado da Xunta de Galicia na Coruña, informou da resolución das axudas da Consellería de Cultura e Turismo dun millón de euros para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento regrado da Comunidade.

O representante do goberno autonómico destacou na súa visita á vila da Barca que “na Costa da Morte recibiron estas achegas un total de 2 establecementos turísticos de Fisterra e Muxía con axudas que superan os 53.000 euros”. Así mesmo, na provincia beneficiáronse desta orde da Consellería de Cultura e Turismo máis de 18 establecementos cunha partida que supera os 320.000 euros.

A través delas, cubríronse investimentos dirixidos a accións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas nestes negocios; obras para a optimización das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial a Q de Calidade Turística; ou actuacións para incrementar a clasificación do establecemento e elevar a súa categoría. Comprendeu, tamén, iniciativas de climatización que favoreceron a sustentabilidade coa implementación de medidas de aforro enerxético; a modernización das instalacións e do embelecemento do entorno ou a renovación dos equipamentos mobles necesarios para o funcionamento do establecemento de aloxamento nas súas diferentes tipoloxías.

Foron beneficiarias destas subvencións os establecementos turísticos de aloxamento incluídos no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta (REAT), con especial incidencia nas pequenas e medianas empresas do sector. Deberán acreditar unha antigüidade na actividade non inferior á cinco anos. Ademais, entre os criterios de valoración estivo o grado de investimento, o impacto no emprego, o tamaño da entidade e que estean en posesión tanto dalgún certificado de calidade para o sector turístico como dalgunha certificación ambiental internacionalmente recoñecida. Finalmente, terase en conta que a empresas solicitantes teñan implementados un plan de igualdade ou de formación.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?