Economia y negocios
Tanatorios

Así é o novo Tanatorio de San Mauro

Presentouse de xeito oficial o novo Tanatorio de Pontevedra-San Mauro, ubicado nas inmediacións do Cemiterio Municipal de Pontevedra

La Ventana desde el Tanatorio de San Mauro (21-11-2019)

La Ventana desde el Tanatorio de San Mauro (21-11-2019)

14:33

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1574363035_398098/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Pontevedra

Nun acto, ao que asistiron numerosas personalidades da sociedade pontevedresa como o Alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e tamén representantes do sector funerario a nivel nacional, a compañía quixo dar a coñecer os novos servizos que prestará a partir de agora a todos os pontevedreses.

Cando tomamos a decisión de ampliar e renovar as nosas instalacións na cidade, o principal criterio que nos marcamos era ofrecer un lugar de confort para as familias, por iso, as novas instalacións incorporan espazos e novas tecnoloxías que permiten dar resposta aos servizos demandados polos nosos clientes”, destacou Juan L. Perdiz, xerente do Tanatorio de Pontevedra-San Mauro.

A nosa pequena empresa cumprirá o próximo mes de febreiro 25 anos ao servizo das familias pontevedresas, ás que temos que agradecer a confianza depositada en nós durante todo este tempo”, matizou Perdiz. Por iso, “entendiamos que a nova infraestrutura tiña tamén que agradecer esa confianza e por tanto non debiamos optar por crear un gran número de salas, pensando exclusivamente en criterios de negocio e empresa, senón que mantendo un número de salas similar ao que tiñamos; as novas instalacións debían responder as necesidades que na actualidade teñen os nosos clientes”, engadiu.

Cadena Ser

As novas instalacións do Tanatorio de Pontevedra - San Mauro contan cunha sala para a celebración de actos personalizados que, en función das peticións que realice cada familia, permitirá desenvolver actos íntimos ou públicos de despedida, incorporando vídeo, música en directo, intervencións de persoas achegadas e sempre tendo en conta a traxectoria vital do ser querido ao que lle están dando o último adeus. Un amplo espazo no que se coida minuciosamente a acústica, a iluminación, a climatización e a estética.

Esta é a principal novidade das novas instalacións, ofrecendo servizos tecnolóxicos tamén en cada unha das cinco salas de velación das que dispón. Salas que, así mesmo, contan con todas as comodidades para as familias da persoa falecida, e tamén dun pequeno office de servizo que permita cubrir as súas necesidades en tan delicados momentos. Estes espazos constan de dúas zonas diferenciadas, unha máis íntima cunha coidada iluminación pois é o lugar onde se atopa o túmulo e por conseguinte a persoa querida á que se despide; e outra zona máis pública, concibida para o acompañamento no duelo.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00