Últimas noticias Hemeroteca

Martes, 28 de Enero de 2020

Otras localidades

Carballo, entre as 18 cidades que optan ao premio Folla Verde Europea 2021

Carballo é unha das 18 candidatas ao premio Folla Verde Europea (European Green Leaf 2021), promovido pola Comisión Europea para distinguir ás cidades de 20.000 a 100.000 habitantes que demostren as mellores prácticas ambientais, un maior compromiso co crecemento verde e unha maior promoción da concienciación cidadá en temas medioambientais. A Folla Verde é o segundo chanzo tras a European Green Capital, á que optan as grandes urbes do continente.

A candidatura de Carballo foi seleccionada entre as presentadas por 36 cidades de 23 países europeos. Xunto ao concello figuran tamén Avignon (Francia), Bistriţa (Romanía), Çiftlikköy (Turquía), Coswig (Alemaña), Elsinore (Dinamarca), Gabrovo (Bulgaria), Kemi (Finlandia), Lappeenranta (Finlandia), Nyborg (Dinamarca), Oliveira do Hospital (Portugal), Riba-Roja de Túria (España), Ringkøbing-Skjern (Dinamarca), Sombor (Serbia), Tauragė (Lituania), Valmiera (Letonia), Viana do Castelo (Portugal) e Vichy (Francia).

Cada cidade debe abordar na súa solicitude tres apartados principais: presentación e contexto da cidade, áreas temáticas e boas prácticas. Cada un deles será avaliado por dous expertos, que cualificarán e clasificarán aos solicitantes, proporcionando tamén comentarios en detalle sobre o desenvolvemento de cada unha das áreas temáticas:

  1. Cambio climático e eficiencia enerxética

  2. Mobilidade urbana sostible

  3. Natureza, biodiversidade e uso sostible do territorio

  4. Calidade do aire e ruído

  5. Economía circular

  6. Xestión do Auga e dos residuos

No mes de abril do 2020 faranse públicas as cidades finalistas, en maio realizaranse as presentacións con xurado e en xuño, nunha cerimonia que se celebrará en Lisboa, coñeceremos a cidade gañadora.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?