Música
Música

Tanxugueiras no Set de Unplugged de Radio Pontevedra

O grupo preséntanos o seu segundo disco, "Contrapunto", interpretándonos en directo no noso espazo musical "Perfidia", un dos temas que compoñen o seu novo traballo e do que acaban de presentar videoclip

Pontevedra

Cóntan as Tanxugueiras, falando do seu segundo disco, que a vida ten dúas caras. Ten momentos contrapostos, que saben ás veces doce e ás veces amargo. Unha dualidade inevitable que equilibran con tento e delicadeza, con forza e carácter, as Tanxugueiras.

Entrevista a Tanxugueiras en Radio Pontevedra

10:38

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1576241627_327322/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Sangue novo para revitalizar e actualizar a tradición da música oral do país, unha formación que no seu segundo disco consegue dar unha nova vida e un novo significado as coplas que se cantan dende antigo en Galicia. ‘Contrapunto’ é un disco de dez temas siameses, cinco caras e cinco cruces de diferentes momentos da vida narrados a través das letras que as pandereiteiras mantiveron vivas ata hoxe. Palabras con pasado para describir o presente a través de voces destas tres mozas e de sonoridades de diferentes estilos.

Unha proposta que expande as posibilidades da música tradicional e a sitúa a base de forza e empoderamento nos mesmos escenarios que estilos como o pop ou o indie.

Se queredes coñecer máis do novo disco de Tanxugueiras, deixámosvos a súa canle de Spotify, para escoitar a versión de estudio da canción que acaban de interpretar no noso Set de Unplugged, "Perfidia"

Escucha la radioen directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después de la publicidad

En directo

A continuación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Compartir

Suscríbete

Tu contenido empezará después de la publicidad