Vivindo A Costa da MorteVivindo A Costa da Morte
Sociedad
Zas

As mensaxes de odio non lle acarrean consecuencias ao párroco de Zas

Pixabay

Este luns facíanse virais os tweets do párroco Francisco Gómez Canoura, que é o responsable eclesiástico de varias parroquias do Concello de Zas. Neles, atizaba a multitude de colectivos en diversos asuntos. Pero, quizais, os que máis polémica causaron foron dous:

"¿Por qué tengo yo que soportar que una manada de cerdas me diga o violador eres ti? Las violadoras sois vosotras que intentáis forzar nuestras conciencias."

"La diputada del BNG por La Coruña dice que no se reúne con el Rey porque no es una figura democrática...¿Los que la habéis votado ya sabéis que sois gilipollas o queréis más explicación?"

Ambos son máis graves, aínda, se temos en conta o contexto social e temporal no que vive o párroco. Primeiro pola profunda loita que vivimos na actualidade contra o machismo e segundo porque os votantes do BNG son unha tremenda maioría no concello no que traballa.

A repercusión que colleron os tweets co paso das horas, fixo que cinco días despois de publicar esas dúas mensaxes, aclarase a seguinte rectificación:

"Con respecto a un tweet mío que anda por las redes, debo decir que su redacción ha sido en caliente, es inapropiado y desafortunado. Perdón a cuantos se hayan sentido ofendidos, no era mi intención. Siempre he estado con la igualdad y contra todo tipo de violencia".

Ao pouco tempo da súa publicación, o Arzobispado de Santiago xa admitía estar conforme co seu comportamento e a súa desculpa, polo que no cometería máis accións ao respecto.

Dende o Concello de Zas, o alcalde Lolo Muiño mostrou esa mesma tarde unha gran repulsa contra o odio que expresaba o párroco nas súas mensaxes. E relacionaba directamente esas formas de pensar coa tremenda subida de VOX nos últimos meses. Pero aínda así, destacaba que non tiñan competencias para tomar algunha decisión ao respecto, aínda que sabía de sobra "que a xente de Zas non é así, e non se deixará levar polo que digan este tipo de persoas".

Foron entón as asociación feministas a que tomaron a iniciativa e sacaron varios comunicados manifestando o seu enfado porque o párroco continuase no seu posto, dende o que ten capacidade para influir a moita xente. "A maior gravidade é polo que representa. A institución eclesiática debería repensar moito ahí", dicía Cristina Ledo, presidenta de Buseranas.

A espera dunha decisión que non parece que vaia a chegar do arzobispado, o párroco segue no seu posto despois de propiciar insultos contra diversos colectivos. Por iso, dende Radio Nordés, quixemos falar cun avogado que nos explicase se habería algunha vía xudicial pola que se podería levar este caso. Marcos Gende, letrado con oficina en Carballo, respondíanos o seguinte:

"Póderíase enmarcar dentro do Artigo 510 do Código Penal que castiga, no seu punto segundo, a todos aqueles que públicamente lesionen a dignidade de outras persoas. No punto primeiro trata de aqueles que fomenten ou inciten ao odio por motivo de raza ou xénero, pero quizais aqui non falamos de fomentar. Estamos falando de artigos con penas de prisión""

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00