Vivindo A Costa da MorteVivindo A Costa da Morte
Sociedad
Cee

A volta da movida nocturna terá que esperar, como mínimo, ao próximo ano

Pub Nerio

Xa a semana pasada tocábamos o tema do peche do Pub Nerio con Carla González, camareira do mesmo, que iniciou unha campaña de recollida de firmas para que o concello de Cee permitise a súa apertura.

Agora volvemos a falar con Carla para que nos actualice eses datos, e o facemos tamén co novo xerente do pub, Suso Caamaño. O Nerio volviu a abrir a comezos de outubro, e despois de catro semanas desbordado de xente, tivo que pechar por varias obligacións administrativas do concello. Aínda así, quedou claro que a xuventude ten ganas de volver ter unha zona como a dos pubs do Cee para divertirse pola noite.

Non obstante, dende o goberno local non van a permitir que os locais estén abertos con carencias nas súas licencias, como si se permitiu en anos anteriores. Reclaman que dende o Pub faltan varios documentos por presentar no concello, mentres que dende o Nerio piden que mentres o solucionan, lles deixen estar abertos.

Escoita a reportaxe, na que contamos coas mellores explicacións de Suso Caamaño e da alcaldesa de Cee, Magot Lamela.

Pincha aquí e escoita a reportaxe

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00