Últimas noticias Hemeroteca

Sábado, 22 de Febrero de 2020

Otras localidades

O 2020 será o ano no que se intente consolidar o proxecto do Xeoparque

O 17/7/2017 constituíase oficialmente a asociación para a xestión do Xeoparque Costa da Morte. Naceu en Laxe, ao igual que Isidro Parga Pondal, autor do mapa petrográfico estrutural de Galicia e considerado un dos mellores xeologos da historia da nosa comunidade.

Primeiro con José Manuel Pato, e agora con Sandra Insua na presidencia, intentaron dende os seus inicios ir dandolle maior visibilidade a un proxecto que se acolle as líneas de patrimonio da Unesco, o que lles obriga a manter ese nome de Xeoparque. Agora, varios membros da directiva veñen de reunirse coa Deputación e pareceron non sair demasiado contentos. Por iso mesmo, Sandra Insua non é moi optimista de cara ao 2020. Sensación que non comparte Pato, que si cree que o vindeiro ano será recordado por consolidar o proxecto e obter a tan necesitada distinción.

Pola súa parte dende a Deputación, o encargado de turismo, Xosé Regueira admite que a Costa da Morte é un territorio perfecto para unha iniciativa como esta e que sería algo que funcionaría moi ben. Pero aínda así, destaca que a Deputación non pensa actuar ata que vexa unha unión de verdade entre os concellos.

Escoita o A Fondo de esta semana no que falamos cos tres protagonistas.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?