
Convocatoria asemblea xeral ordinaria da Unión Deportiva Ourense
O xoves día 30 de xaneiro, tal e como establecen os estatutos do club, celebrarase a primeira Asemblea Xeral Ordinaria da tempada 2019/2020

Primeira asemblea xeral oridinaria da tempada 2019-2020 / Unión Deportiva Ourense
Por acordo da Xunta Directiva da Unión Deportiva Ourense convócase para o día 30 de xaneiro de 2020, ás 20:00 horas en primeira convocatoria e ás 20:30 horas en segunda no salón de actos do edificio administrativo da Xunta de Galicia (casa de chocolate) na av da Habana, 79, Asemblea Xeral Ordinaria de socios con seguinte orde do día:
1- Ratificación dos novos socios do club.
2- Liquidación e peche do presuposto da tempada 2019/2020.
3- Aprobación do presuposto da tempada 2019/2020.
4- Estado de execución do presuposto da tempada 2019/2020.
5- Rolda libre de intervencións.
Lembrar que os socios poden enviar propostas para ser debatidas e somotidas a votación na asemblea. Ditas propostas deberán presentarse como mínimo con cinco días naturais de antelación á celebración da asemblea e serán enviadas ao correo electrónico uniondeportivaourense@gmail.com
