Últimas noticias Hemeroteca

Jueves, 02 de Abril de 2020

Otras localidades

CORONAVIRUS | Minuto a minuto CORONAVIRUS | Minuto a minuto El ministro de Sanidad, Salvador Illa, comparece en el Congreso
Murgas

Non te perdas nada do Concurso de Murgas 2020

Trece agrupacións participan no XXIX Concurso de Murgas do Entroido de Pontevedra. A gran final poderás escoitala en directo en Radio Pontevedra

Os Do Val do Lérez actuando no Concuso de Murgas

Os Do Val do Lérez actuando no Concuso de Murgas / Cadena SER

Logo de que esta tarde, a partir das 19:30 horas, Ravachol se deixe ver na Praza da Peregrina, a carón da famosa botica de Perfecto Feijoo, e despois de que coñezamos o segredo mellor gardado do Entroido 2020,  ás 21:00 horas arrancará a XXIX edición do Concurso de Murgas de Pontevedra.

Será no Pazo da Cultura, e como cada ano, con entrada gratuita. Un Concurso que bate récord de participantes nesta entrega, con un total de 13 agrupacións. Esta noite, na primeira semifinal, actuarán sete Murgas: Os de Soremay, Os de Noalla, Romanox, Os Oneis Big Band, Tropa de Moncha a Caralla, Jana de Leria e Val do Lérez. O mércores, na segunda eliminatoria, participarán as seis agrupacións restantes, tamén a partir das 21:00 horas: Los PTV, Os Arrombados, Murga do Naveiro,  Equipo Ja, Os da Prensa e Leña Verde.

Concurso de Murgas 2020 en Radio Pontevedra / Cadena Ser

Será o xoves, respectando o mesmo horario, cando se celebre a gran final do Concurso de Murgas 2020. As cinco mellores Murgas voltarán ao escenario para repetir as súas actuacións e convencer ao xurado. ¿Quén gañará este ano o Concurso? A resposta, en Radio Pontevedra. Como ven sendo habitual, na emisora líder de Pontevedra e comarca poderán escoitar en directo, e sen interrupcións, a  gran final da XXIX edición do Concurso de Murgas.

Un repaso polo palmarés:

Os do Val do Lérez son a última Murga gañadora, na edición de 2019. O grupo acadou 79 puntos de 80 posibles rozando a perfección. En segundo posto quedou o Equipo Ja, con 75 puntos, terceira posición para Jana de Leria, con 71 puntos, Tamén participaron na final Os PTV, que remataron cuartos e Os Arrumbados, logrando o quinto posto.

Os do Val do Lérez suman tres victorias consecutivas no Concurso de Murgas de Pontevedra. ¿Acadarán o Póker de victorias?.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?