Últimas noticias Hemeroteca

, 30 de de 2020

Otras localidades

CORONAVIRUS | Minuto a minuto CORONAVIRUS | Minuto a minuto Rueda de prensa de los técnicos de Sanidad, hoy sin Fernando Simón
CB breogan

A ausencia dun cinco non é xustificación

Paco Basanta analiza "a desfeita" do equipo celeste en Cáceres e reflexiona sobre o futuro do conxunto

Paco Basanta, colaborador Radio Lugo SER

Paco Basanta, colaborador Radio Lugo SER / RADIO LUGO

O partido de Valladolid non daba a Paco Basanta a convicción de que o CB Breogán fose causar unha revolución na volta á competición, "porque non teñen a confianza gañada". E o tempo deulle a razón."Son capaces de facer un aprtido ante o Valldolid ou o Leyma Coruña e son capaces de hacer unha desfeita coma a de Cáceres". 

Coas estatísticas na man, 17 triplas, "o tope da competición", supera o seu rival en rebotes en 9 capturas, domiñan o partido ata por 9 puntos... "realmente non entendo onde está o motivo da derrota".

Falaba Diego Epifanio das pérdas de balón, pero Basanta cre que non é razón, pois o número é o mesmo para ambos conxuntos: 15. "O problema está es que hai 8 canastras de  30 intentos en tiros de dous, algo impropio dun equipo medianamente formado. Xa non digo profesional".

Falla a intensidade, falla a agresividade, falla o desexo..." e é imperdonable", para Paco Basanta. Que se fai unha pregunta:¿ Os xogadores que hai enfrente teñen máis calidade? A min a ausencia dun cinco no me xustifica que o Breogán perda ante plantillas de calidade e nivel inferiores en todos os postos".

A realidade para Basanta é que o equipo "non funciona". `Pide unha lectura ampla da situación, xa que "a once xornadas do final estamos falando do mesmo que na xornada cuatro". Non ve que ningún dos xogadores están a xogar ó nivel que lle corresponde.

"O Cáceres cre na vitoria, loita, reparte moito máis que o Breogán, e iso, repito, é imperdonable para un equipo que aspira ó ascenso". Non quere Basanta pecar de pesimista, pero "lévase o camiño de sufrir no play off".

 

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?