Sociedad

A familia da carballesa falecida pon o asunto en mans dos avogados

Logo dunha reunión no CHUAC, recibiron explicacións do equipo médico

Hospital Materno Infantil / Cedida

A familia da falecida en Carballo nesta pasada fin de semana mantivo unha reunión co equipo médico que atendeu á vítima. A muller, de 37 anos, acudiu ao Materno Infantil coruñés para dar a luz cando se atopaba na semana 38 de xestación. O desenlace non puido ser peor, falecendo tanto ela coma o seu bebé mentres se lles practicaba unha cesárea. É por iso que o caso pasa a estar agora en mans dun bufete de avogados para aclarar se o coronavirus foi a causa da morte ou unha circunstancia concurrente.

Nun comunicado emitido esta tarde, a familia da muller afirma que na devandita xuntanza quedou claro que a vítima non padecía doenza algunha. "Non tiña ningún tipo de patoloxía previa, nin crónica, nin aguda", destacando que o embarazo se desenrolou con total normalidade. Así mesmo, dendo o entorno familiar destacan a súa sorpresa ao ser diagnosticada coma "positivo por COVID-19". "Ninguén na familia, incluidos seus pais de idade avanzada, ten ou tivo síntomas da enfermidade". A familia confésase sorprendida pola rápida evolución do virus e a mutación que provocou, en palabras do doutores, "una tormenta inflamatoria" que pode levar ao falecemento. Os galenos informaron da posibilidade de que o virus experimente "cambios brutais" que, nalgúns casos, producen episodios de morte súbita. O caso da carballesa é o primeiro caso de características similares co que se atopan, sen que na literatura médica haxa precedentes. Logo de que os médicos decidisen practicar unha cesárea, a vítima agravou o seu estado de saúde dentro do quirófano,  sufrindo dúas paradas cardiorrespiratorias, non puidendo superar a segunda delas.

Outro factor que xera roxela na familia é o feito de ter procedido á incineración do cadáver con tanta rapidez, descartando así a posibilidade de poder realizar unha autopsia. Unha actuación que contrasta co que sucede en Madrid, "onde moitos restos mortais están nas morgues". A resposta obtida neste aspecto sinala que a "incineración foi feita por protocolo".

A familia recibiu as explicacións do equipo médico e directivo do CHUAC, quedando estes a disposición para posteriores aclaracións.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00