Sociedad

Bos rexistros no Hospital Comarcal ás portas da fin de semana

Por cuarto día consecutivo non houbo traslados á UCI do CHUAC

O Hospital leva catro días sen precisar trasladar a ningún doente / Propia

A presión asistencial sobre o Hospital da Costa da Morte remite xusto cando estamos a piques de comenzar a fin de semana. A día de hoxe o centro sanitario ten nove doentes ingresados en planta. Onte eran once os que estaban hospitalizados, unha cifra que cambia respecto ao rexistro oficial, cando se anunciaron 14 ingresados. Na xornada do xoves dende o Hospital remitiron a algúns doentes para os seus domicilios, unhas altas que non foron computadas,. Deste xeito non chegou a haber 14 doentes recibindo tratamento.

As boas novas non quedan aí, xa que ademáis de reducirse o número de ingresos, ao longo das últimas horas dúas persoas foron dadas de alta. Ademais, por cuarta xornada consecutiva, ningún dos ingresados precisou ser trasladado á UCI do CHUAC, unha circunstancia que se activa cando algún dos doentes rexistra un empeoramento no seu estado de saúde.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00