Últimas noticias Hemeroteca

Martes, 02 de Junio de 2020

Otras localidades

Oitava vítima ocasionada polo coronavirus

O Concello de Ponteceso suma o seu primero falecemento pola pandemia

A muller estaba ingresada no CHUAC

A muller estaba ingresada no CHUAC / M.Dylan (Europa Press)

A xornada de sábado deixou o oitavo falecemento producido pola pandemia do COVD-19 na bisbarra. Desta volta unha nonaxenaria veciña de Corme foi a que perdeu a vida afectada polo coronavirus. A muller, de 93 anos e con patoloxías previas, atopábase ingresada no CHUAC , e esta mañá informábase do seu pasamento. Seguindo os protocolos vixentes para as cerimonias funerarias, a finada xa foi soterrada esta misma mañá.

O Concello pontecesán suma así a súa primeira vítima ocasionada polo coronavirus xusto nunha semana onde as autoridades municipais veñen de extremar as medidas de protección. Reparto de material entre a veciñanza que o precise e, ademais, obrigatoriedade do seu uso nos establecementos de venta ao público que continúan abertos, son algunhas das decisións adoptadas dende o ente municipal.

O falecemento da veciña cormelá é a peor noticia nunha xornada na que, á espera de como resulte a fin de semana, os rexistros do Hospital Comarcal continúan a ser esperanzadores. Hoxe sábado son oito os contaxiados que permanecen ingresados no centro sanitario, un menos respecto á xornada de onte. Un descenso que se ven producindo dende este mércores.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?