Miércoles, 23 de Septiembre de 2020

Otras localidades

A praia de Carnota loce no novo vídeo de Xabier Díaz

O artista estará hoxe no Vivindo a Costa da Morte

A praia de Carnota é o marco no que Xabier Díaz ambienta o seu novo traballo. "Illas de sal" é o novo single de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre, un dos temas incluidos no seu traballo "As catedrais silenciadas".

O vídeo, gravado na praia carnotá, deixa patente toda a beleza dun dos mellores areais da nosa bisbarra. Xabier Díaz, un artista moi ligado á Costa da Morte, será hoxe protagonista do "Vivindo a Costa da Morte", o magazine de Radio Nordés que lidera as mañáns de radio da bisbarra.

"As catedrais silenciadas" é o terceiro disco de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre, tras "The tambourine man" e "Noró". A súa carreira artística é moi extensa, xa que antes desta aventura en solitario, Xabier Díaz formou parte de Rumabeira, Nova Galega de Danza ou Berrogüetto.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Cadena SER

Compartir

Tu contenido empezará después de la publicidad

Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?