Sociedad

O segundo Encontro Virtual de Radio Nordés, con alcaldes

Dende as cinco da tarde, poderase seguir na canle de Youtube de Radio Nordés e na web radionordes.com

Os Encontros Virtuais de Radio Nordés celebran hoxe a súa segunda xuntanza. Esta tarde, a partir das cinco, varios alcaldes e alcaldesas da bisbarra participarán neste foro de debate creado pola emisora da Cadena SER na Costa da Morte. O foro poderase seguir a través da web www.radionordes.com e a canle de Radio Nordés en Youtube.

Os alcaldes nacionalistas de Carballo e Mazaricos, Evencio Ferrero e Juan José Blanco; os populares José Muíño (Cabana) e José Manuel López Varela (A Laracha) e as rexedoras socialistas de Camariñas (Sandra Insua) e Vimianzo (Mónica Rodríguez) serán os protagonistas dun foro que pretende achegar ideas para a reconstrución da bisbarra logo da crise provocada polo coronavirus.

Este será o segundo foro de debate, logo do celebrado o pasado venres adicado ao sector turístico. Cada venres teremos un encontro no que, entre todos, buscaremos un novo escenario económico e social logo da crise do COVID-19.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00