Última hora

Irán denuncia explosiones en su territorio y activa las defensas aéreas

Sociedad

O "paciente cero" regresa a casa

José Fernando Carrillo Ugarte retornou a Fisterra neste serán, sendo recibido polos seus veciños

José Fernando Carrillo Ugarte volve a casa

José Fernando Carrillo Ugarte volve a casa

José Fernando Carrillo Ugarte xa está na casa. O primeiro afectado polo coronavirus na bisbarra abandoou o CHUAC coruñés neste serán. En Fisterra agardaban os seus veciños dispostos a tributarlle unha calurosa benvida tras nove semanas loitando pola súa supervivencia.

Carrillo Ugarte, exalcalde de Fisterra entre 1991 e 1995, contaxiouse durante unha excursión do Imserso á que asistiu acompañado pola súa dona. En Cataluña padeceu os primeiros síntomas, inda que na súa visita a un centro sanitario consideraron que a súa era unha molestia de tipo intestinal. Ao seu regreso a Fisterra viuse na necesidade de acudir ao Hospital Comarcal, obtendo un dictame similar. Finalmente, o 14 de marzo, foi diagnosticado coma o primeiro caso da COVID-19 na bisbarra.

Hoxe á tardiña chegaba a Fisterra, cunha veciñanza que amosou o seu cariño ao emocionado exalcalde. Dende hai días xa estaba preparado o recibimento para dar a benvida a Carrillo Ugarte, logo de pasar nove semanas no CHUAC, mes e medio na UCI incluido. Cunha evidente perda de peso e inda feble por unha dura loita co virus, agora rematará o proceso de recuperación acompañado pola súa familia. Logo dun período con numerosos pasos atrás e recaídas, Carrillo Ugarte tumbou ao virus.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00