Últimas noticias Hemeroteca

Domingo, 31 de Mayo de 2020

Otras localidades

Eu nunca...

... convoquei eleccións

Pois si, como está sendo costume, o Lehendakari convocou as eleccións galegas para o 12 de xullo. E Feijóo dixo aquilo de: "O maior risco que temos agora mesmo en Galicia é a chegada de turistas que espero que sexan moitos este verán". Como isto non se entende moi ben, mellor explicado cantando, non si?

Ei, que a fase 2 xa vén / e coido que ninguén / pensou en eleccións / salvo Núñez Feijóo.

Neste momento vital, / a xente pensa máis en / poder desescalar, / que abran xa o bar / que abran xa o pub.

Búscase unha certeza / que é pillar unha mesa. / Tomar unha cervexa / é o que interesa, / para votar non hai presa.

Feijóo propón votar o 12 de xullo, / É cousa de orgullo? / Ou máis ben de Urkullu? / Feijóo, que xa tivemos bo castigo / Espérate un pouco a que non haxa perigo.

Feijóo, Feijóo, quere eleccións / Feijóo, Feijóo, así vaille mellor / Feijóo, Feijóo, haberáas ou non?

Ten en contra á oposición / e non sei se a Fernando Simón / farálle moita gracia, / que apelar á democracia / nos mande á farmacia.

E co voto por correo / imaxino o apoxeo / de xente apiñada / para así logo en xullo / irse de escapada.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?