Economia y negocios
Avispa asiática

Os apicultores piden unión para loitar contra a velutina

Recurso dun nido de velutina / Cadena SER

Pontevedra

A Vespa velutina matou dúas persoas en Galicia, a última en Raxó este domingo. Esta racha non fai presaxiar nada bo para este verán-outono, que é cando a praga desata a súa furia sobre as abellas, as persoas, as froitas etc.

Os apicultores piden unión para loitar contra a velutina

06:12

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1590590666_327297/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Desde Asociación Galega de Apicultores afirman que a loita que se está levando contra a velutina é desorganizada e cadaquén anda polo seu lado, sexa a Xunta, os concellos, os sectores afectados etc. Din que así, os resultados sempre van ser escasos por moitos medios económicos que se poñan encima da mesa.

A AGA di que coa investigación, que vai ser a clave nesta loita, ocorre algo parecido. Hai varios proxectos comezados, pero descoordinados e non se albisca unha acción decidida tampouco neste ámbito.

Esta asociación está en disposición de facer propostas se as administracións o consideran. Para empezar a evitar ataques e as graves consecuencias que estamos vendo, habería que facer unha campaña de divulgación sobre como deberían actuar as persoas nas diferentes situacións, segundo se trate de apicultores, de traballadores do monte, de labregos ou sendeiristas, sexan alérxicos ou non.

O trampeo primaveral, que este ano se viu minguado pola pandemia do coronavirus, é unha ferramenta fundamental entramentres non haxa outra mellor, mais ten que ser organizada. Os apicultores din que non vale de nada trampear unha comarca ou un concello, e no colindante non o facer.

Os apicultores son persoas preparadas para facer fronte a esta especie invasora, pero os labores e os métodos utilizados son traballosos e custosos e non están ao alcance de todos eles.

Outra proposta da AGA sería que a Vespa velutina ou o tártago asiático fose declarada pola Unión Europea como praga en todo o seu territorio, para poder implementar axudas de cara os sectores afectados por esta invasión.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00