Política
Candidaturas políticas

Gonzalo Caballero: "Feijóo abadonou Lugo"

Así foi o paso do secretario xeral do PSdG polos micrófonos do Hoy por Hoy

Gonzalo Caballero recrimínalle a Feijoo que "minta máis que fale" / Twitter PSdG

Lugo

No seu paso polo Hoy por Hoy, o Secretario xeral do PSdG, e candidato á presidecia da Xunta de Galicia, Gonzalo Caballero, deixaba clara a súa indignación ante o "abandono" do goberno popular da cidade de Lugo. "Feijóo olvidouse e despreciou Lugo", afirmaba con indignación.

De chegaren ó goberno comprende que sería có apoio do resto de forzas progresistas do parlamento galego. Mais o barco que lle dera "o novo rumbo a Galicia" debera estar"capitaneado polos socialistas". Malia os resultados das enquisas previas, Caballero confía en poder derrocar os populares. "Se antes de marzo era neceario o cambio, agora máis. Animo a todos os galegos a que vaian votar". 

Caballero considera que a Xunta de Galicia está a usar o baixo número de falecementos no país por Covid-19 coma unha ferramenta política. "Que so estivera en contacto co virus entre o 1%-2% da poboación non foi grazas á existosa xestión da que presume o goberno. Foi porque se nos confinou quince días antes de que chegase o peor, como sucedeu noutras comunidades". 

Ademáis, o lider dos socialistas en Galicia ten claro que"ao PP non lle gusta a Sanidade Pública", por iso non comparte as declaracións do actual presidente da Xunta, Núñez Feijóo, cando di que no 2009 Galicia non houbra sido quen de superar a pandemia."Actualmente hai mil camas menos que cando o PP chegou ó Goberno. A realidade é que co PP recortouse en Sanidade ano tras ano. En cifras, dous mil millónns de euros menos".

Ilusionado por abrir unha nova etapa en Galicia, Caballero é consciente do difícil panorama que queda para quen sente o 12 de xulloá fronte de goberno autonómico. Un plan de reconstrucción social e econmómica que poñer en marcha e capear contra a tormenta de Alcoa."O Goberno central inxectou 38 millóns de euros nos últimos dosu anos en Alcoa. O Goberno Galego non aportou nada. É o momento de deixarlle claro a empresa que non vai marchar de rositas". 

Se o PSOE chegase á Xunta de Galicia, o certo é que Lugo tería as admnistracións centrais con cores vermellas á cabeza. Unha razón de peso para reclamar unha conexión ferroviaria digna. "Se chego ó Goberno galego comprométome a traballar  arreo coa Alcaldesa, Lara Méndez, e loitar porque Lugo teña unha conexión ferroviaira propia do século no que se vive".

Gonzalo Caballero: Feijóo abandonou Lugo"

27:35

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1591376481_968882/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00