Viernes, 14 de Agosto de 2020

Otras localidades

Cee

Especial publicidad

A rapazada ten o protagonismo

Locais de ocio infantil, tendas de lambonadas ou espazos adicados a moda infantil tamén abundan en Cee

Un niño camina de la mano

Un niño camina de la mano / Marta Fernández Jara - Europa Press - Archivo (EUROPA PRESS)

O público infantil tamén ten espazos orientados a eles na vila de Cee. Locais onde pasalo en grande, onde vestir coas mellores galas ou tendas nas que desfrutar das máis sabrosas lambonadas.

Ocio

Para pasar unha xornada inesquecible podes apostar por Crazy Park. En Toba, ao carón do Gadis, Crazy Park ofrece toda unha nave orientada ao divertimento dos cativos. Pista de karts, camas elásticas, moitas actividades e espazo abondo para celebrar festas de aniversario, ou calquera xuntanza cos amigos. No 699 84 86 39 reservan e informan sobre os seus servizos.

Outra alternativa a ter en conta é Trasnadas, en pleno Centro Comercial. Diversos xogos e xoguetes, enormes tobogáns e actividades para que o aburrimento non faga acto de presenza. Por suposto, tamén podedes contar con eles para festas de cumpreanos e similares. Pódese organizar todo contactando no 625 76 09 66.

Moda

Á hora de equiparnos e vestir aos peques da casa, Cee ofrece tamén diversas alternativas. Imos facer un percorrido polas rúas da vila comprobando a variedade de opcións

A Casa do Neno é unha tenda de puericultura cunha oferta global que abrangue todas as necesidades para os máis cativos. Roupa e calzado, xoguetes, tronas, sillas de paseo, biberóns e chupetes, cunas, parques... prácticamente todo o preciso para criar a un bebé o podedes atopar nos seus pasillos. Para comprobalo podedes chamar ao 981 74 58 65. Na rúa Coruña 3, na zona do Mercado Municipal tedes unha referencia.

Non moi lonxe de alí podemos recurrir ao Baúl de Lula. O rango de idades ao que se dirixe é amplo, entre os 0 e os 20 anos. Ofrecen primeiras marcas e entre a súa oferta temos roupa informal e tamén a precisa para lucir espectacular en grandes ocasións. Enfronte do Centro Comercial luce o seu escaparate e no 981 70 65 39 atenderanvos con sumo gusto.

Na Avenida Fernando Blanco, cerca do cruce para o pavillón, Manola Waldomar expón unha completa colección de roupa para grandes ocasións. Pero non so de galas para grandes citas, senón tamén doutros modelos máis "casual" está completo o seu expositor. Noelia está abrindo unha nova etapa nun comercio imprescindible para levar á moda aos máis cativos. O 981 74 71 55 é o seu teléfono de contacto.

Por se fose pouco, o catálogo infantil é Cee inda é máis amplo, grazas tamén á presenza de A Nube de Aixa. Podédela atopar na Avenida Fernando Blanco. Dentro da súa oferta está todo tipo de roupa para nenos e nenas entre os 0 e os 16 anjos. Alí podemos atopar batas para o cole, pixamos, roupa interior ou complementos. Teñen unha páxina activa en facebook e podedes realizar calquera consulta botando man do 647 40 17 27.

Lambetadas

Logo dunha intensa xornada de compras, estaría ben premiar aos peques con algunha lambonada nalgunha das tendas existentes na vila da Xunqueira.

Unha opción pode ser acudir a Kandy´s. En pleno centro de Cee, en Domingo Antonio Andrade 11 (a praza), podemos adentrarnos nun universo da golosina: caramelos, chicles, gominolas, froitos secos... Ademais tamén podemos facernos con todo o preciso para celebrar cumpreano: bolsas de golosinas, piñatas, peluches... Os encargos os podedes realizar chamando ao 687 387 947

Outro interesante opción témola na praza da Constitución 2, en Don Caramelo. Outro mundo da chuchería onde nos podemos facer con froitos secos, chocolatinas, xeados e un amplo catálogo de obexctos para celebrar cumpreanos ou calquera tipo de festa infantil. No 645 134 390 pódense facer encargos para que a festa resulte inesquecible.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Cadena SER

Compartir

Tu contenido empezará después de la publicidad

Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?