Martes, 07 de Julio de 2020

Otras localidades

FÚTBOL

A candidatura proposta pola RFGF á asemblea da Real Federación Española de Fútbol é a única presentada

Xa non haberá eleccións no referente a clubs e futbolistas non profesiones

O Fútbol Galego, ten asegurada unha representación de sete asembleístas aos que se lle poderían sumar tres máis

O Fútbol Galego, ten asegurada unha representación de sete asembleístas aos que se lle poderían sumar tres máis / RFGF

O fútbol galego xa ten asegurados sete membros na Asemeblea Xeral da Real Federación Española de Fútbol unha vez que a Comisión Electoral confirmou as candidaturas.

O Arosa S C e o Bergantiños FC serán os representantes galegos dos clubs non profesionais e Sergio Santos no de futbolistas non profesionais. Os tres formaron a candidatura presentada pola Real Federación Galega de Fútbol, logo de contar co apoio dunha ampla maioría dos 31 clubs de fútbol con dereito a voto. Un acordo que queda reflectido no feito de que non se presentase ningunha candidatura máis nestes dous estamentos.

Pero o fútbol galego ten asegurada tamén a presenza do C.D. Lugo no fútbol profesional, e tamén con outros dous candidatos que se presentaron igualmente da man da RFGF: O C.D. Burela FS no estamento de clubs de fútbol sala e o ourensán José Antonio Fernández Rodríguez no estamento de árbitros non profesionais.

 A todos eles hai que sumar ao presidente da RFGF, Rafael Louzán, que forma parte da Asemblea de maneira automática pola súa condición de presidente dunha Federación Territorial.

En total so sete(7) asembleístas asegurados porque ningún deles terá que pasar por elección ao non haber máis candidatos que as prazas dispoñibles.Pero aínda podería haber tres máis que se presentaron nos seus respectivos estamentos, pero que gañarse a súa condición de  membros da Asemblea nas eleccións. É o caso do adestrador profesional  Manuel Mosquera (Extremadura), o adestrador de Fútbol Sala Juanma Marrube(C.D. Buerla FS) e a xogadora de Fútbol Sala Patricia González Mota, Tamén do CD Burela FS.

O presidente da RFGF, Rafael Louzán, valora ´´ moi positivamente´´ que as candidaturas presentadas pola RFGF ou que ían avaladas por esta ´´ saísen adiante sen  necesidade de pasar por eleccións´´ porque iso é un reflexo´´ de que foron decisións acertadas que contan co respaldo da maioría e reflicte a unión do noso fútbol.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Cadena SER

Compartir

Tu contenido empezará después de la publicidad

Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?