Sábado, 17 de Abril de 2021

Otras localidades

FÚTBOL

As competicións da tempada 2020-2021, suspeditas á evolución da pandemia

Do mesmo xeito infotmamos que non será ata mediados do mes de agosto cando se abra o proceso de tramitación de licenzas aos clubs, pero reiterando que nada é definitivo

As competicións da tempada 2020-2021, supeditadas á evolución da pandemia

As competicións da tempada 2020-2021, supeditadas á evolución da pandemia / RFGF-FUTGAL

Antes as lóxicas dúbidas e consecuentes preguntas e chamadas recibidas de parte dos clubs, queremos informar que o departamento de competicións e a secretaría xeral da Real Federación Galega de Fútbol seguen traballando arreo para confeccionar os calendarios da próxima campaña, pero todo este traballo está condicionado pola evolución da pandemia. Adiantamos que o obxectivo de partida é comezar as ligas de ámbito autonómico durante o mes de octubro (as competicións con maior número de equipos, como é o caso da Preferente, arrincarán a fin de semana do 3-4 de octubro), sempre e cando o permitan as autoridades sanitarias. No caso das competicións de ámbito nacional, a RFEF xa fixo oficiais algúns calendarios e estamos á espera de noticias ao respecto das demáis competicións.

Nos próximos días a Federación comezará unha serie de reunións cos clubs de toda Galicia, de xeito telemático, para ir informando dos plans competicionais, aínda que todo sempre supeditado á evolución da situación sanitaria, por iso é importante subliñar que polo de agora non serán plans competicionais definitivos, pois en función da evolución da pandemia poderían sufrir variacións. Tal e como xa se foi avanzando, practicamente todas as categorías dividiranse en subgrupos por criterios xeográficos, o que representará un importante aforro para os clubs e unha reducción de datas nos calendarios.

O departamento de competicións xa ten moi avanzados os plans competicionais, os cales serán presentados nas vindeiras semanas aos clubs, pero reiterando que nada é definitivo.

Do mesmo xeito informamos que non será ata mediados de mes de agosto cando se abra o proceso de tramitación de licenzas para as categorías de ámbito autonómico.

Cabe recordar tamén que a día de hoxe a Xunta de Galicia non permite o deporte con contacto físico, polo que agora mesmo os equipos sí poden adestrar cumprindo os protocolos aprobados e sen contacto, pero non poden xogar partidos. Nesta sentido, desde a RFGF apelamos á responsabilidade e á prodencia co fin de non colaborar na propagación do COVID-19. A RFGF enviou á Secretaría Xeral para o Deporte un protocolo que este martes será aprobado e publicado na wed federativa, ademias de ser enviado aos clubs pola internet.

A Xunta Directiva da RFGF.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?