
A alcaldesa de Cee contesta ás críticas do PP con respecto á situación oficina técnica
Margarita Lamela asegura que o voceiro popular Antonio Domínguez non di a verdade e que si se están tramitando licenzas a pesar da gran cantidade delas que había paralizadas cando chegou ao goberno. Afirma Lamela que a próxima semana xa estará incorporada unha arquitecta técnica para axilizar aínda máis o traballo e que, como xa sabe ex alcalde, non se pode contratar persoal externo con esta finalidade.
