Sociedad
Turismo

O Bono Turístico ó rescate do sector en Galicia

O turismo resiste o embate do coronavirus con ocupacións do 50 % en xullo e do 65 % en agosto

Visita do conselleiro de Turismo Román Rodríguez ao Hotel Villa Covelo de Poio / Cadena SER

Pontevedra

Máis de 10.000 reservas efectuadas en quince días a través do Bono Turístico que puxo en marcha a Xunta para beneficio dos facultativos sanitarios e persoal de servizos sociais. Segundo o conselleiro de Turismo, Román Rodríguez, trátase dunha ferramenta á que están adheridaos máis de 350 establecementos de Galicia e que ten como obxectivo estimular a demanda e o consumo para salvaguardar o tecido empresarial dun sector que, se resiste aos posibles rebrotes, salvatá a temporada de verán.

A ocupación hoteleira foi do 50 % en xullo, e agárdase que oscile entre o 60 e o 65 % en agosto. Rodriguez sinala que estamos nun momento moi volátil, con picos de reservas e de calncelacións froito da incerteza ocasionada pola Covid-19. Desde o Clúster de Turismo de Galicia, o seu presidente Cesáreo Pardal entende que os datos son bos dada a situación, e agarda que no eido económico a ocupación sexa a suficiente para cubrir os gastos, pero advirte: "a perda de postos de traballo vai ser inevitable".

O responsable da carteira de Turismo e Cultura ten a mirada posta no ano Xacobeo 2021 como impulso para reactivar a actividade económica de Galicia, coa esperanza de que a situación sanitaria se normalice.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00