Economia y negocios

Lidl redobra o seu compromiso cos provedores galegos e suma á súa oferta 60 novos produtos da rexión

Dende esta mesma semana a compañía incrementará progresivamente o seu surtido de produtos locais nas súas 32 tendas de Galicia

Lidl reforza a súa colaboración co sector agroalimentario galego, ao que lle mercou produto por valor de 1.000 M€ nos últimos catro anos / Cedida

Lugo

Lidl reforza o seu compromiso co produto galego e comeza unha nova acción para fomentar a compra e o consumo de produtos de  proximidade, aumentar a presenza de artigos de quilómetro cero nos seus lineais e intensificar o seu decidido apoio ao impulso de sectores estratéxicos para a economía galega.

Dende esta mesma semana, e progresivamente durante todo o mes de outubro, a compañía irá introducindo máis de 60 novas referencias 100% galegas nos seus 32 puntos de venda de Galicia, que formarán parte do surtido permanente, incluíndo distintas referencias de carne, froitas e verduras de quilómetro cero ou queixos ou viños con D.O.

A iniciativa presentouse na tenda de Lidl situada na Rúa Eslovenia (Santiago de Compostela). Durante o acto, o responsable de Producións Agrícolas e Extensivas de Unións Agrarias, José Ramón González, sinalou que “todos os esforzos suman e, nun momento coma o actual, ter o respaldo de Lidl representa un verdadeiro balón de osíxeno para os nosos produtores” e animou aos galegos a “elixir sempre referencias de proximidade que contribúen a xerar emprego e riqueza á rexión”.

Neste senso, engadiu que “o compromiso que mantén Lidl con Galicia tradúcese en feitos concretos, coma esta iniciativa, que avala a súa aposta decidida pola economía galega e os seus sectores estratéxicos”.

Pola súa banda, o director rexional de Lidl en Galicia, Jaime Herrá, declarou que “dende o inicio da crise sanitaria en Lidl quixemos reforzar o compromiso que dende hai máis de 25 anos vimos mantendo co produto gallego. Conscientes das dificultades que están a atravesar algúns produtores para darlle saída á súa prodcción, temos redobrado a nosa colaboración co tecido produtivo local. Con esta nova acción, queremos seguir axudando á reactivación da economía galega, aos seus provedores, e ao tempo incentivar a compra e o consumo do excelente produto da rexión”.

Na actualidade, Lidl merca cada ano produto galego por valor de máis de 260 millóns de euros (uns 1.000 M€ nos últimos catro anos), entre eles leite (UHT e fresca), conservas de pescado, viños, cervexa ou queixos. Colabora habitualmente con 60 provedores da rexión aos que lles adquire unhas 400 referencias e moitas delas expórtaas ás súas 600 tendas en toda España e á súa rede de máis de 11.000 establecementos en 30 países de Europa, sendo unha das súas principais plataformas de exportación.

Esta semana incorporáronse ás 32 tendas da Comunidade as primeiras referencias, unha vintena en total. Entre elas destacan media ducia de produtos da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) de ‘tenreira galega’, coma filete, escalopín, estofado, burguer meat ou preparado de carne picada. Coa presenza de tenreira galega nos seus lineais, a cadea de supermercados complementa a súa oferta de produtos cárnicos mercados na nosa comunidade (na actualidade xa traballaba con provedores locais de polo e coello, aos que en breve se engadirá o porco) e reforza o vínculo creado hai anos coa gandeiría sostible en Galicia.O compromiso co sector lácteo galego

También se introduciron máis dunha decena de artigos lácteos da marca galega Larsa, entre eles diversas variedades de leite e iogures, e queixos de Denominacións de Orixe coma Arzúa-Ulloa, Tetilla ou San Simón da Costa. Trátase dun paso máis na aposta que Lidl mantén dende hai anos polo sector lácteo da rexión. Todo o leite fresco (e boa parte do UHT) que vende en España baixo a súa marca

A cadea está contribuíndo de forma significativa ao desenvolvemento económico e social do medio rural na rexión, traballando con máis de 1.000 granxas e pequenos gandeiros, apostando ademais pola produción sostible. Lidl converteuse no primeiro supermercado do país en certificar o 100% do seu leite en benestar animal, garantindo así que as vacas se crían en condicións óptimas. O seu leite fresco, ademais, tamén está certificado en pastoreo, sendo o primeiro supermercado que incorporou leite fresco de pastoreo galego.

Dende o inicio da crise sanitaria Lidl redobrou o seu apoio ao tecido produtivo galego. Nos últimos meses tense sumado á campaña ‘Mercaproximidade’ da Xunta e celebrou a ‘Semana Galega’ para achegar Galicia ás súas 600 tendas de España.

Con esta nova iniciativa pretende continuar a contribuír ao desenvolvemento económico e social da comunidade, promovendo que tanto empresas consolidadas coma pequenos provedores coma A Cobideza (queixos), Bodegas Santa Marta (viños), Terras da Mariña (Faba de Lourenzá), Habelas Hailas (licores) ou El Colmenar de Sara (mel) teñan un papel protagonista nos seus lineais.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00