Miércoles, 25 de Noviembre de 2020

Otras localidades

O alcalde de Ponteceso pide a dimisión dos edís críticos

Anuncia que esgotará o seu mandato e denuncia unha alianza entre os críticos e APIN. O rexedor di descoñecer a orixe dos videos gravados no seu despacho

O alcalde de Ponteceso foi o protagonista do Vivindo a Costa da Morte de hoxe. Logo da visita de onte dos concelleiros críticos coa súa xestión, hoxe o alcalde ofreceu a súa versión no magazine de Radio Nordés. En especial da gravación e difusión dun video onde os "rebeldes" presuntamente solicitan cartos a cambio de garantir estabilidade ao goberno local.

Lois García Carballido evitou falar da orixe da gravación e da súa posterior filtración. En opinión do alcalde, a aparición desa gravación efectuada no su despacho, non é relevante. Ata en tres ocasións eludiu a resposta, zanxando a cuestión afirmando "eu non sei nada de ningún video", inda que non aclarou se iniciará accións para coñecer a orixe da filmación.

O rexedor quixo fixarse no contido na mesma, o que lle levou a solicitar aos concelleiros críticos "que abandoen a política, teñen quie dimitir, non favorecen en nada a Ponteceso". "O importante é saber se as persoas que manexan fondos públicos en Ponteceso teñen ética para deixar o cargo porque se ve que petan na mesa por cartos" afirmou o rexedor.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Cadena SER

Compartir

Tu contenido empezará después de la publicidad

Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?