Sociedad
Sociedad

De Merza a elaborar o menú da Casa Blanca

Milagros Pereira, unha veciña de Vila de Cruces que emigrou a Estados Unidos hai 46 anos, rexenta unha empresa de cátering en Washington que atendeu en numerosas ocasións a mesmísima Casa Blanca durante a presidencia de Bill Clinton

Milagros Pereira e seu marido con Bill Clinton en Washington / Cadena SER

Pontevedra

Milagros, que vive na capital dos Estados Unidos desde hai 46 anos, rexenta unha empresa de cátering que traballou en varios eventos para a Casa Blanca. De feito, durante a presidencia de Bill Clinton, coincidiron con él en varias ocasións chegando a coñecelo personalmente.

Milagros Pereira, unha veciña de Merza que rexenta un cátering en Washington

04:58

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1604997050_657251/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Nesta entrevista, falamos con Milagros Pereira da súa andaina por terras americanas, da situación da hostalería nos Estados Unidos e tamén da actualidade política: a presidencia a Joe Biden e a derrota de Donald Trump.

"Tiña aquí parientes, propuxéronme vir un tempo para terminar os estudios e esa foi a decisión, deixei Merza" sinala Milagros, quen recoñece que a súa empresa de cátering en sociedade co seu marido "funcionou moi ben, sobre todo nos tempos da administración de Clinton e Bush e ata agora que veu a Pandemia, pero de tódolos xeitos xa estaba a punto de retirarme". A Covid-19 provocou que este ano a empresa "non facturara nin un 30 % en comparación ao ano pasado".

Nestes 46 anos de andaina polos Estados Unidos, a súa profesión permitiulle coñecer en persoa a Bill Clinton, xa que estiveron auxiliando en varias ocasións á Casa Blanca. "Tratámolo personalmente moitas veces, en moitos eventos e en casas privadas dos seus coñecidos". A Clinton descríbeo como "unha persoa moi amable, moi "campeche", canto te coñecía acercábase a ti e falábache, non tiña reparos".

Sobre a actualidade política, Milagros conta que cando coñeceu a noticia da victoria de Joe Biden estaba paseando polo monte con mais xente "todos empezamos a aplaudir, os coches empezaron a pitar, incluso escoitei bombas e cando cheguei a casa toda a xente estaba bebendo viño, cerveza e facendo festa"

"Agora adicaremos o tempo a viaxar e visitar a familia" sinala Milagros, quen aproveitará esta nova etapa da vida para pasar os meses de verán en Merza e o inverno en Washington, onde se encontra máis cómoda.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00