Viernes, 22 de Enero de 2021

Otras localidades

FÚTBOL

Todas as categorías base activadas pola RFGF teñen un alto índice de inscrición

Alto índice de inscrición con preto do 75% dos equipos anotados

Todas as categorías base activadas pola RFGF teñen un alto índice de inscrición con preto do 75% dos equipos anotados.(Foto de arquivo dun partido de fútbol base do Ourense CF)

Todas as categorías base activadas pola RFGF teñen un alto índice de inscrición con preto do 75% dos equipos anotados.(Foto de arquivo dun partido de fútbol base do Ourense CF) / Ourense CF

A Real federación Galega de Fútbol activou o pasado martes día 22 de decembro pola noite o prazo de inscrición para as principais categorías de ámbito autonómico con obxectivo de coñocer de maneira definitiva aqueles equipos que queren competir esta tempada e tamén os que prefiren non facelo por agora. Con estas circunstancias tan extraordinarias nas que nos atopamos resulta imprescindible ter claro con antelación os equipos dispostos a competir para unha correcta planificación de competición.

Cabe recordar e insistir tamén que só esta activada a inscrición das principais categorías de ámbito autonómico: Preferente, Primeira Galicia, Primeira División Galega Feminina, Liga Galega Xuvenil, División Honor Cadete, Liga Galega Cadete e Liga Galega Infantil. As demais categorías forman parte dun proceso posterior para o que non hai previsto a día de hoxe ningún prazo de inscrición nin data de inicio.

Desde a RFGF entendemos que a práctica deportiva é segura, tal e como nos trasladan desde as máximas autoridades sanitarias de Galicia. Se non fose así non se autorizaría o protocolo para a volta das competicións. Pero aínda así entendemos prefectamente e, por suposto, respetamos a todos os que consideran o contrario e que prefieren non competir agora mesmo. Pero de igual xeito, entendemos e respetamos aos moitos que sí queren xogar.

En con apenas tres días de prazo aberto, incluídos os de Noiteboa e Nadal, e con seis días aínda por diante ata que remate o prazo, podemos informar que son moitos os equipos que xa confirmaron oficialmente a súa intención de competir esta tempada. Concretamente, chama a atención a alta porcentaxe de equipos inscritos en todas as categorías base activadas, alcanzando xa case o 75% de inscritos con respeto á totalidade, con casos como a División Honor Cadete preto do 100%. Cabe recordar que en estas categorías o protocolo establece a obriga de adestrar e xogar con máscara, salvo na Liga Galega Xuvenil na que son necesarios os test cada 14 días.

No que se refire á categoría de Preferente son 30 equipos que xa confirmaron a súa inscrición cando aínda non se chegou á metade do prazo, concretamente 15 no Grupo Norte e 15 no Grupo Sur.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?