Miércoles, 21 de Abril de 2021

Otras localidades

FÚTBOL

A Preferente Sur comezará o 28 de marzo e xogarase en dúas fases

O 28 de marzo comezará a Preferente Galicia Sur en dúas fases para decidir os dous ascensos a terceira división

A Preferente Sur comezará o 28 de marzo e xogarase en dúas fases para decidir os deus ascensos a Terceira

A Preferente Sur comezará o 28 de marzo e xogarase en dúas fases para decidir os deus ascensos a Terceira / S.D. Nogueira de Ramuín

No que se refiere a Grupo Sur, os 18 equipos inscritos quedan divididos en 3 grupos de 6 equipos cada un, según o criterio xeográfico. Deste xeito os equipos verán reducidos considerablemente os seus gastos de desprazamento.

A Real Federación Galega de Fútbol mantivo unha xuntanza telemática cos 37 equipos inscritos na categoría de Preferente Galicia para informar sobre o formato competicional exprés e aclarar todas as dúbidas que os responsables dos equipos puidesen ter ao respecto do desenvolvemento desta inédita tempada.

No que se refiere ao Grupo Sur, os 18 equipos inscritos quedan divididos en 3 grupos de 6 equipos cada un, según o criterio xeográfico. Deste xeito os equipos verán reducidos considerablemente os seus gastos de desprazamento.

A competición dará comezo o 28 de marzo e rematará o 27 de xuño. Todo elo sempre que así o permita a situación sanitaria e a evolución da competición non se vexa perxudicada polas dificultades propias da pandemia.

A tempada divídese en dúas fases. A primeira cunha liga regular en cada un dos subgrupos de todos contra todos a dúas voltas. Os dous primeiros clasificados de cada subgrupo consiguirán o pase para o Grupo do Ascenso. Os tres primeiros de cada subgrupo arrastrarán 3 puntos e os segundos 1 punto cada un. Esta fase de ascenso só se xogará a unha volta (cada equipo disputará dous partidos como local e dous como visitante) e non se enfrontarán os equipos que procedan do mesmo subgrupo. Os dous primeiros acadarán o ascenso a Terceira División.

Fase Da Copa do Rei:

Dado que a RFEF instaurou que un equipo de categoría autonómica debe disputar a fase previa da Copa do Rei, neste ano tan especial a RFGF considerou que sexan os terceiros clasificados de cada subgrupo na primeira fase os que se disputen esa praza.

Realización de Test:

A categoría de Preferente é unha das que establece o protocolo aprobado pola Xunta de Galicia que debe realizar test cada 14 días como medida para facer fronte ao risco de contaxio de COVID. Os equipos poden acceder á axuda federativa para a financiación de metade dos test, así como á liña de subvención da Xunta de Galicia específica para gastos COVID.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?