Sociedad
Industria audiovisual

Mariana Carballal: "O audiovisual transmite universos simbólicos que poden mellorar a sociedade"

A actriz coodina un estudo sobre o rol das mulleres no audiovisual galego

A Deputación Ourense promove un estudo sobre o rol das mulleres no audiovisual galego / Deputación Ourense

Ourense

 A Deputación de Ourense asinaba esta mañá coa Asociación de Mulleres Cineastas e a Fundación Carlos Velo, un convenio para a realización dun estudo con perspectiva de xénero sobre as mulleres no audiovisual galego.

A representante da Asociación de Mulleres Cineastas, Chelo Loureiro, explicaba que o estudo baséase na análise "dos oficios do audiovisual onde estamos máis ou menos representadas e tamén dos contidos, que é moi importante como é a representación da muller en todos os contidos audiovisuais".

Mariana Carballal fala sobre a investigación que estuda o papel das mulleres no audiovisual galego

00:49

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1617639457_553526/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

O estudo, centrado nas producións de 2020, contará con tres partes que analizan o papel das mulleres no audiovisual, como están representados os papeis femininos na ficción e unha terceira parte baseada na parte máis narrativa. Esta investigación está feita por distintas mulleres. Entre elas, coordinando o proxecto, está a actriz montederrense Mariana Carballal.

Aínda que o estudo non se iniciou, Carballal falou de certas hipóteses das que parten, "sabemos que nas series galegas, nos postos de representación,  as mulleres teñen unha situación coma a nacional, de cero mulleres na dirección". Os datos obtidos empregaranse para crear guias didácticas de utilidade para os centros educativos.

Á sinatura do convenio, asistiu tamén Carmen Leyte, da Fundación Carlos Velo, quen recoñeceu a importancia da investigación para, se é preciso, implementar cambios a prol da igualdade neste sector.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00